Prensa obreira

Nova demanda por discriminación intensifica a campaña contra Médicos Sin Fronteras

  • Esténdense os piquetes contra a vulneración de dereitos por parte da ONG
  • Xa son dúas as demandas de discriminación por nacionalidade contra Médicos Sin Fronteras
  • «A menos diálogo mais mobilización» contra a política laboral de MSF
  • Segundo fontes sindicais «non se descarta escalar a campaña»

Piquete CNT Zaragoza MSF

Máis un captador de socios de Médicos Sin Fronteras ven de presentar demanda contra a empresa por vulneración de dereitos por razón de nacionalidade. Xúntase esta á demanda da outra traballadora que, por non seren ambos de nacionalidade española, a ONG se nega a mudar o seu contrato temporal para indefinido, como co resto de traballadores e traballadoras.

Segundo informa o sindicato CNT «non existe ningún impedimento legal, de feito, a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería respalda a a contratación igualitaria entre persoas nacionais e estranxeiras».

A sección sindical da CNT afirma que Médicos Sin Fronteras continúa a manter a súa postura discriminatoria a pesar da vontade de diálogo da organización anarcosindical.

Intensifícase a campaña

Dous piquetes foron xa organizados en Compostela perante a sede da ONG na céntrica Rua do Vilar para informar da discriminación sufrida pola traballadora e traballador.

Outras cidades do estado, como Madrid, Barcelona. Málaga e Zaragoza, tamén se mobilizaron ante as sedes de Médicos Sin Fronteras en solidariedade co captador e captadora de socios. Unha campaña que, segundo informa a CNT «non se descarta escalar» vista a situación de ausencia de interese por parte da empresa de solucionar o conflito, afirma que «canto menos diálogo, máis mobilización, para que todo o mundo coñeza cales son os principios e valores de Médicos Sin Fronteras no tocante a política laboral».

Solidariedade Madrid

Solidariedade Málaga

Solidariedade Zaragoza

Piquete CNT Zaragoza MSF

Piquete en Zaragoza

Piquete CNT Barcelona MSF

Piquete en Barcelona

Piquete CNT Madrid MSF

Piquete en Madrid