Prensa obreira

CNT de novo á porta de Médicos Sin Fronteras

  • Novo piquete da CNT na oficina compostelana de Médicos Sin Fronteras denunciando discriminación de dous traballador@s
  • CNT insiste en que non hai impedimento legal para que se regularice a súa situación

piquete CNT en Médicos Sin Fronteras

Este xoves 31 de marzo a CNT volveu concentrarse ás portas da oficina da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) en Compostela para denunciar públicamente a discriminación por razón de nacionalidade que sofren dous compañeiros do sindicato.

Ante a mirada atónita de moitas persoas, algunhas delas socias da propia ONG, repartironse centos de octavillas informativas e explicaronse os problemas laborais que padecen os equipos de captación de socios/as e, especialemnte a problemática dunha traballadora e doutro traballador amboas os dous extranxeiros que contan con contratos distintos ao resto "residentes nacionais". Todo isto a pesar de non existir problema legal algún en seren regularizados os seus contratos como todos e todas as demáis traballadoras.

Médicos Sin Fronteras, en decembro de 2014, decide cambiar os contratos temporais (en fraude de lei) dos equipos de captación de socias e socios por contratos indefinidos. Este cambio aplicase á totalidade do persoal exceptuando a traballadoras e traballadores que non son residentes nacionais, a pesar de contar con todos os permisos de traballo necesarios. Isto constitúe un caso grave de discriminación. Médicos Sin Fronteras, en decembro de 2014, decide cambiar os contratos temporais (en fraude de lei) dos equipos de captación de socias e socios por contratos indefinidos. Este cambio aplicase á totalidade do persoal exceptuando a traballadoras e traballadores que non son residentes nacionais, a pesar de contar con todos os permisos de traballo necesarios. Isto constitúe un caso grave de discriminación.

Segundo a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería non existe impedimento legal para que á nosa compañeira e ao noso compañeiro se lles aplique esta modificación, e máis, a Lei Orgánica sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, respalda a contratación igualitaria entre persoas estranxeiras e nacionais. Segundo a Secretaría Xeneral de Inmigración y Estranxeiría non existe impedimento legal para que á nosa compañeira e ao noso compañeiro se lles aplique esta modificación, e máis, a Lei Orgánica sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, respalda a contratación igualitaria entre persoas estranxeiras e nacionais.

Ante as reclamacións da traballadora e do traballador pedindo unha explicación e un trato imparcial e xusto, MSF reafírmase na súa postura discriminatoria. Ante as reclamacións da traballadora e do traballador pedindo unha explicación e un trato imparcial e xusto, MSF reafírmase na súa postura discriminatoria.

Dende a Sección Sindical da CNT en MSF, á que pertencen a traballadora e traballador afectados, vémonos na obriga de dar testemuña e denunciar a inxustiza que supón esta vulneración dos Dereitos Fundamentais. Dende o principio avogamos polo diálogo, solicitando á Organización a equiparación dos contratos de todas as persoas que compoñemos os equipos de captación sen obter resposta por parte dos responsables. Dende a Sección Sindical da CNT en MSF, á que pertencen a traballadora e traballador afectados, vémonos na obriga de dar testemuña e denunciar a inxustiza que supón esta vulneración dos Dereitos Fundamentais. Dende o principio avogamos polo diálogo, solicitando á ONG a equiparación dos contratos de todas as persoas que compoñemos os equipos de captación sen obter resposta por parte dos responsables.

Fai semanas que MSF ten constancia da demanda interposta no Xulgado do Social sen ter dado ningún paso que demostre o seu interese por poñer fin a este conflito. Fai semanas que MSF ten constancia da demanda interposta no Xulgado do Social sen ter dado ningún paso que demostre o seu interese por poñer fin a este conflito. Esiximos a Médicos Sin Fronteras unha política laboral responsable e acorde cos principios e valores que definen a súa actuación en todos os ámbitos. Esiximos a Médicos Sin Fronteras unha política laboral responsable e acorde cos principios e valores que definen a súa actuación en todos os ámbitos.

Médicos Sin Fronteras debe acudir aos xulgados e pór solución á demanda, xa!

#msfDiscrimina

 

Mais info: Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras