Prensa obreira

A CNT solicita a ampliación das medidas de conciliación na Xunta

A sección sindical de CNT na Xunta de Galicia a ven de reclamar novamente unha xa vella revindicación dos traballadores e traballadoras desta Administración en materia de conciliación.

Así, se reclama a Función Pública como parte das medidas de flexibilización horaria dispoñibles a posibilidade de traballar os venres pola tarde a partir das 15.30 h. tendo o correspondente reflexo no sistema de fichaxe Kronos. Non ten moito sentido que, estando a maioría dos centros abertos os venres pola tarde e co oportuno servizo de seguridade, non se nos permita conciliar traballo con vida persoal, como indican xa moitas sentenzas en materia de conciliación familiar.

Amais a Administración Pública debería ter unha conduta exemplarizante neste aspecto para que, os empregados/as públicos/as, a parte de cumprir coas nosas obrigas poidamos exercer os nosos dereitos.