Prensa obreira

Iniciativa para a mellora das condicións en Servicarne

  • O documento pretende a mellora das condicións laborais
  • Cinco propostas serán presentadas na próxima asemblea xeral
  • Inclúe melloras na participación asemblear

Servicarne

As traballadoras e traballadores de Servicarne propoñen unha serie de medidas para a mellora das condicións laborais en Servicarne-Coren.

Cinco propostas foron presentadas no pasado martes, 8 de marzo, nunha concentración ás portas da planta de Servicarne-Coren en Ourense xunto a unha recolla de sinaturas para apoiar esta iniciativa.

Estas propostas, que serán presentadas na próxima asemblea xeral da cooperativa, van dirixidas a todas e redundarán no beneficio de todas por igual.

O obxectivo é mellorar substancialmente as condicións laborais como traballadoras e traballadores e os dereitos como socios e socias cooperativistas.

Desta forma, o documento recolle unha serie de solucións a problemas como a ampliación do pagamento da cota de autónomos durante baixas médicas, a devolución da cota mensual aos compañeiros e compañeiras que deixen a cooperativa por causas obxectivas, o asesoramento externo nas asembleas e mudanza da súa localización e, por último, a diminución do período de proba e votación en asemblea para a adquisición da condición de socio ou socia.

Máis información: servicarne.cnt.es allariz@cntgaliza.org

Servicarne

Servicarne