Prensa obreira

Xogo sucio na “Mesa de Oro”.

Continúa o conflito do SOV de Ferrol coa empresa “La Mesa de Oro”. Tras chegar verbalmente a un acordo satisfactorio para a traballadora, no que a empresa se comprometía a pagar unha cantidade acordada o pasado día 1, tal pago non chegou a realizarse.

la mesa de oro

A empresa, que presta servizo de publicidade en internet de restaurantes, ten domicilio nunha casa familiar de Barro (Pontevedra), figurando como xerente un fillo dos propietarios e sendo outro dos fillos o que aparece nos contratos e na documentación da empresa. Cando se contacta con eles, dan escusas de patio de colexio para non pagar, botan balóns fóra, aducen ignorancia do asinado, falta de liquidez... e todo apunta a un caso extremo de aventureirismo empresarial e de absoluta falta de profesionalidade directiva.

O indubidábel é que o traballo realizado ten que pagarse. Por isto, imos a xuízo polo despedimento e por cantidades.

Polo mesmo, suxerimos que ninguén degrade a súa imaxe corporativa anunciándose con eles e pedimos a clase traballadora que non dea cancha nin beneficio a unha empresa tan desconsiderada cos seus dereitos e intereses como elitista e fachendosa no nome.

 

Conta comigo, conta con CNT.