Prensa obreira

Habia unha vez Táboa Confixest

  • O sindicato CNT continúa a campaña contra a asesoría Táboa Confixest por impagamento de dévedas
  • Un segundo piquete é organizado ás portas da asesoría
  • A asesoría responde autodefiníndose como 'circo'

piquete em Táboa Confixest

Dentro da campaña desenvolvida pola CNT contra os empresarios Javier Rey e Javier Álvarez e contra a asesoría Táboa Confixest, un novo piquete saiu ás rúas onte para denunciar e informar os veciños e veciñas de compostela das súas práticas explotadoras.

Segundo informa o sindicato, a asesoría da central rúa do Hórreo compostelana «non aplicaba o convenio correspondente o cal implica unha déveda polas diferenzas salariais».

Alén diso, os empresarios obrigaban a realizar horas extra á traballadora filiada ao sindicato CNT «que non eran compensadas».

Por estes motivos, a CNT denunciou «a acumulación de unha déveda de 3000 euros» e iniciou a pasada semana accións sindicais «até que os empresarios salden a súa déveda».

Durante o piquete, a asesoría respondeu os argumentos da organización anarcosindical na língua universal, a música, colocando uns altifalantes coa canción «Habia una vez un circo». Para os organizadores do piquete «non existe mellor definición desta empresa, un circo que utiliza o fraude para encher as vidas dos empresarios de cor e ilusión, roubando o que pertence ás traballadoras».

Salientan os presentes que «frente a cor verde empresarial, estarán sempre a vermella e a negra anarcosindical».piquete em Táboa Confixestcartaz táboa confixest