Prensa obreira

Piquete da CNT en Táboa Confixest

A asesoría rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez mantén un conflito co sindicato CNT pola débeda contraída cunha filiada.

piquete em Táboa Confixest

No pasado xoves, 18 de febreiro, un piquete da CNT concentrouse ante a Asesoría Táboa Confixest, con sede na céntrica rúa compostelana do Hórreo.

Durante o piquete, os veciños e veciñas compostelanas foron informadas das prácticas explotadoras dos empresarios, que se negan a pagar a débeda reclamada «relativa ás diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Alén diso, segundo a organización anarcosindicalista, a empresa obrigaba á traballadora e realizar horas extra «acumulando unha débeda de 3000 euros».

Como xa avisou o sindicato recentemente, este é o inicio das accións sindicais contra a empresa denunciada e continuarán «até que os empresarios salden a súa débeda coa compañeira».

piquete em Táboa Confixest