Prensa obreira

O Concello da Guarda rexeita as peticións dos GES

Logo GESO pasado dia 4 de febreiro a Sección sindical de CNT no Concello da Guarda reuniuse cos máximos representantes do Concello para tratar as distintas problemáticas que teñen os compañeiros e compañeiras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede no Concello.

A reunión transcorreu entorno á principal reclamación dos GES:  a falta de material de seguridade e prevención para o correcto funcionamento do servizo en atención á variada tipoloxía de incidencias que se presentan diariamente no seu traballo.

En declaracións dun representante dos bombeiros guardeses “hai intervencións imposibles de atender polos GES por non dispoñer de medios ao efecto no caso da avespa asiática, salvamento marítimo ou incendios interiores por poñer uns exemplos” incidencias recollidas no convenio dos GES e que segundo asegura o Concelleiro de Emerxencias “son responsabilidade do 112”.

Segundo fontes da central anarcosindical “o Concello insiste na súa vontade de atender as peticións dos GES pero négase a un compromiso nos prazos” polo que aseguran seguirán vixiantes para que os GES poidan realizar con seguridade e eficacia o seu labor de emerxencias nos  concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.  Segundo estas mesmas fontes “o Concello supedita a dotación de medios á súa situación orzamentaria, sen ter en conta as necesidades reais do servizo”.

Tampouco se chegou a ningún acordo en relación ao conflito colectivo, no que os GES reclaman a súa contratación como persoal fixo do Concello, declarando a Concelleira de Persoal a súa “disconformidade co inicio do procedemento” e rexeitando someterse ao AGA como remite expresamente o Convenio colectivo do persoal laboral do Concello.

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda

A CNT reúnese co Concello de A Guarda

O pasado dia 4 de febreiro a Sección sindical de CNT no Concello da Guarda reuniuse cos máximos representantes do Concello para tratar as distintas problemáticas que teñen os compañeiros e compañeiras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede no Concello.