Prensa obreira

Os GES esixen medios e materiais ao Concello da Guarda

Logo GESA Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda alerta unha vez máis da falta de medios e material en materia de seguridade e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.

O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas” como declara un dos bombeiros guardeses.

Camiseta GES Chaleque GES Botas GES

Tras as declaracións en prensa o pasado ano por parte do Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español anunciando a chegada de novo equipamento e medios, a realidade é que os GES continúan na mesma situación de precariedade co agravante do continuo deterioro e desgaste que sofren os medios e materiais en cada intervención.

Segundo CNT, esta situación “fácilmente solventable con vontade política” constitúe un importante risco a maiores para a integridade física dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias nun traballo xa perigoso de por si, tal como se lle deu traslado ao Concello da Guarda que é “perfectamente consciente” da problemática dos GES que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”.

Segundo indican fontes do sindicato agárdadase que a reunión comprometida co Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español para esta primeira semana de febreiro “impoña racionalidade” antes de que ocorra algunha desgracia evitable.

 

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda