Prensa obreira

Os GES interpoñen conflito colectivo no Concello da Guarda

Logo GESA sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello da Guarda ven de interpoñer conflito colectivo contra o Concello no que se reclama o recoñecemento como persoal laboral fixo nos seus contratos.
Os GES constituíronse en 2013 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello da Guarda como persoal laboral.

Actualmente os contratos do persoal dos distintos GES en Galicia están pendentes da renovación do convenio marco que Xunta, Deputacións e FEGAMP elaboran e ao que se adhiren posteriormente os Concellos que son base dos GES.
Así, os traballadores e traballadoras de este servizo de emerxencias fundamental para a cidadanía declaran atoparse “bastante intranquilos” nunha situación de incertidume onde ven perigar os seus postos de traballo e onde non reciben “nin a máis mínima explicación” sobre o seu futuro laboral por parte de ningunha das distintas administracións intervintes no seu marco regulatorio.

Para o sindicato CNT, os Concellos base dos GES deberían facerse cargo dos seus traballadores e traballadoras como “mostra de responsabilidade co servizo de emerxencias e coa cidadanía” e sinalase que nomeadamente o Concello da Guarda incorre en graves irregularidades “non so ao realizar contratos eventuais para traballos de carácter permanente, senón que nin sequera conta cunha Relación de Postos de Traballo ao que adscribir ao seu persoal”.

 

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda