Prensa obreira

Os GES mobilízanse ante o pleno municipal de A Guarda

Protesta dos GES ante o pleno municipal do Concello da GuardaA Sección de CNT no Grupo de Emerxencias Supramuncipal (GES) do Concello da Guarda protestou na tarde deste venres 27 de novembro ás portas do Concello da Guarda coincidindo coa convocatoria do pleno municipal. A concentración baixo o lema "GES SOLUCIÓN!" desenvolveuse sen incidentes e permitiu visibilizar as revindicacións destos traballadores/as ante a veciñanza e os/as responsables políticos do Concello da Guarda.

A Sección da CNT reclama que o Concello cumpra coas súas obrigas no que refire a dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do GES: cumprir a Lei, estatutos e convenios dos traballadores/as ou mocións aprobadas polo Concello, facilitar os EPIs para realizar o seu labor de intervención en emerxencias (comunicación, luvas anticorte, arneses de seguridade, máscaras, etc), axeitar a súa actual categoría laboral á que realmente se merecen e na que teñen que estar encadrados os traballadores/as, dotar de material e instalacións axeitadas para o seu día a día e, entre outras moitas cousas, non telos na precaria situación actual.

Desde o comezo do funcionamento do GES da Guarda, en agosto de 2013, os/as responsables municipais deixan de lado e sen atender as necesidades e peticións dos traballadores/as do GES. Incluso, nas pasadas semanas coa negociación da renovación do vindeiro convenio dos GES, o Sr. Alcalde, o Sr. Concelleiro de Emerxencias e Sra. Concelleira de persoal, NON tiveron a decencia de reunirse cos traballadores/as do GES, para consultar o que serían as súas dúbidas e ter en conta a súa opinión ao respecto (como así o di o EBEP), ignorando estes traballadores/as e facendo un claro acto de desprezo cara eles e elas que se teñen que informar do seu futuro pola prensa escrita doutras provincias ou pola radio.

O Concello da Guarda non cumpriu co prometido aos traballadores/as do GES nin co acordado en pleno por toda a corporación municipal. Prometeron arranxar a base para ter alí un centro de traballo decente e... NON O CUMPRIRON! Prometeron dotar de comunicacións aos equipos, tanto aos traballadores/as “extra-oficialmente”, como por acordo plenario de xullo de 2015 e... NON O CUMPRIRON! Prometeron en pleno e con acordo plenario dotar ao GES do material EPIs precisos para o seu labor e... NON O CUMPRIRON! Prometeron ter reunión co persoal do GES e solventar todos os problemas e... Prometeron fixar as canles de comunicación que unisen o equipo de goberno a este Grupo de Emerxencias e… NON O CUMPRIRON! E así, un longo etcétera que, durante máis de 2 anos, levan coa promesa aos traballadores/as, á corporación municipal, aos veciños e veciñas da Guarda, tanto en acordos plenarios, de palabra como na prensa e servizos de comunicación e, a día de hoxe:

O CONCELLO DA GUARDA NON CUMPRIU CO PROMETIDO!

Por último, desde a CNT, agradecemos as mostras de solidariedade expresadas pola veciñas e veciños durante este acto de protesta.


Sección Sindical da CNT. GES - Concello da Guarda

gesAguarda.cnt@gmail.com
www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda