Prensa obreira

A CNT interpón conflito colectivo contra Médicos Sin Fronteras

A sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras ven de interpoñer conflito colectivo contra a empresa solicitando a nulidade da cláusula  sétima unida a todos os contratos de  traballo referidos á categoría de capatadores/as no centro  de traballo da ONG Médicos Sin Fronteras de Santiago de Compostela.

A ONG Médicos Sin Fronteras ven incluíndo de xeito unilateral e xeneralizado en cada contrato de traballo suscrito polo personal con categoría de capatador , unha cláusula de obxectivos mínimos, en virtude da cal o/a traballador/a firmante queda obrigado ao cumprimento duns obxectivos mínimos, que, no caso de non ser acadados en tres meses consecutivos, poden supor o despedimento do/a traballador/a.
A Sección Sindical da CNT denuncia que esta cláusula non é pactada, senón imposta con carácter colectivo pola empresa, sendo unha cláusula de carácter abusivo e nula que a empresa impón aos traballadores, sen que estes teñan forma de facer contrapopostas ou modificala, senón simplemente aceptar ou non. Ata tal punto é así que a empresa resérvase o dereito de modificala unilateralmente cunha simple comunicación ao/á traballador/a.

Dita cláusula é abusiva e non obxectiva, pois os resultados de captación non poden ser atribuidos á labor  do/a traballador/a senón que dependen exclusivamente da planificación da empresa. A cláusula resulta nula e abusiva toda vez que o establecemento das condicións para acadar os obxectivos impostos depende da empresa, e, en consecuencia, non acadar os obxectivos impostos por parte de traballadores/as sometidos a peores condicións é responsabilidade da empresa.

A Sección Sindical denuncia que a cláusula resulta abusiva e nula porque o rendemento imposto non é razoable, posto que non se teñen en conta os diferentes plannings semanais impostos tamén pola empresa, e tamén porque non existe un termo comparativo en condicións homoxéneas que permita evaluar o rendemento, ao esixirxe os mesmos resultados ante condicións diferentes impostas a diferentes equipos pola empresa aos diferentes grupos de traballo.

 

CONTACTO:

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=msf