Prensa obreira

Presentación do libro “Indios, negros y otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El Caribe”

17/10/2015 19:00

O C.S.A. Cambalhota de Allariz e CNT-Allariz, con motivo da celebración do 12 de Outubro presentan, o día 17 do mesmo mes, a partir das 19:00, o libro“Indios, negros y otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El Caribe” de Paco Gómez Nadal.

Paco, xornalista, activista de dereitos humanos, libreiro, xestor de soños colectivos a ratos, observador perplexo dunha realidade infestada de renuncias e profundo coñecedor da realidade latino americana presentaranos o seu último libro. A camiño entre o ensaio e oxornalismo o autordescríbenos ao longo da súa obra o que realmente foi o mal chamado descubrimento do Novo Mundo. Un continente con poboacións e culturas propias que foi conquistado, colonizado, explotado e esclavizado polas potencias europeas. Unhas veces amparados pola escusa da evanxelización e outras do progreso, pero sempre cun carácter eminentemente racista e expoliadorque, aínda que non puido lograr o exterminio total das súas poboacións nativas, sí as desposuíu das súas terras, os seus recursos, a súa cultura e a súa identidade. A realidade, que o autor nos mostra, da situación actual non é moi alentadora. O espolio continua, os herdeiros daqueles primeiros conquistadores fixeron propio aquel vello sistema de poder e explotación adaptándoo a formas importadas de Estado de corte occidental. O capitalismo salvaxe campa ás súas anchas cebándose nos pobos orixinariosque aínda subsistene loitan incansablemente por recuperar a súa identidade,e naquelas poboacións de orixe africana e asiático, obrigadas a migrar como escravas ou man de obra barata, que taménloitan en busca dasúa propia identidade. Un atisbo de luz ábrese nestas loitas de base que Paco descóbrenos na súa obra, tras compartir persoalmente con moitas delas e os seus protagonistas.

Tras a presentación abriremos o momento do Coloquio.

A partir das 21:30 haberá cea. Poñeremos prezos populares co fin de recadar cartos para cubrir os gastos orixinados pola actividade.

Esperámosvos o vindeiro sábado 17 de Outubro a partir das 19:00hna Rúa Camiño do Castelo 10-Allariz.