Prensa obreira

[Fotos] Crónica manifestación sector forestal

Este 1 de outubro CNT tomou parte na manifestación do sector forestal que tivo lugar no complexo administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Compostela).

Centos de traballadores e traballadoras, empregad@s públicos e subcontratad@s, pertencentes ao servizo de prevención e extinción de incendios percorreron os arredores de San Caetano nunha marcha ruidosa onde se podian escoitar lemas contundentes como “Quen apago o lume? nos e non a UME (Unidade Militar de Emerxencias)”.

A manifestación realizou varias paradas nas distintas entradas do complexo administrativo onde @s traballadores fixeronse notar golpeando as pás de extinción contra o chan, rematando na porta principal de San Caetano onde se leu un comunicado.

AS REVINDICACIÓNS DO SECTOR

Unha das demandas deste colectivo é a total cobertura das prazas vacantes que existen no servizo. Dos 1.600 traballador@s que debería ter o servizo, este ano apenas se pasa dos 1.100 traballador@s segundo datos da propia Xunta. Isto loxicamente redunda na operatividade do propio servizo e vai acompañado dun aumento do orzamento para as empresas privadas ou semipúblicas adicadas a extinción de incendios.

Enlazando ca demanda anterior, outro dos obxetivos que se persigue e que o servizo de incendios sexa totalmente público, rematando así cos “chiringuitos” da Xunta, que o que fan e aumentar a duplicidade no traballo e se levan unha boa parte do orzamento adicado a extinción. Se houbera un único servicio e ademais público, acabaríase co intrusismo no sector de empresas que so buscan o seu beneficio económico e que redunda nunhas precarias condicións laboráis dos seus traballadores. Empresas como SEAGA non teñen convenio propio, así como @s traballador@s das BRIF (Brigadas de Reforzo de Incendios Forestáis), que dependen do Ministerio de Medio Ambiente do goberno central e que levan en folga dende hai 2 meses, reclamando tamén melloras laborais

Outra das críticas que se escoitaron na manifestación foron os berros contra a UME (Unidade Militar de Emerxencias) e que costou aos galeg@s este ano a suma de 600.000€, aparte do soldo que perciben do Ministerio de Interior e máis un plus diario en concepto de dietas  que vai dos 50€ diarios, no caso dos soldados rasos, ata os 100€ para os oficiais e todo isto para facer un traballo que ten máis que ver coa imaxe que coa extinción propiamente dita, pois e ben coñecido que eles non se meten no monte a apagar o lume, se non que o seu traballo consiste en dar "apoio loxístico "

Outra das demandas polo que loita o colectivo é a súa reclasificación en bombeiros forestais e que de aprobarse, traería consigo melloras laborais, como o recoñecemento de enfermidades laborais e a xubilación aos 60 anos así como  unha serie de melloras na  formación dos traballadores e dos centros nos que realizan o seu traballo cotiá.

O LABOR DA CNT

Unha das medidas adoptadas pola CNT foi a denuncia ante Inspección de Traballo do estado no que se atopaba o centro de traballo onde se reúne o persoal do servizo de incendios da comarca forestal de Allariz-Maceda, pertencente a Xunta de Galicia. A nosa sección sindical tomou a decisión de denunciar ante a Inspección o lamentable estado de ditas instalacións xa que carecen de duchas, sanitarios, cociña e un longo etcétera. A sorpresa foi cando chegado o informe da Inspección, onde se dicía claramente que as instalacións non contaban coas mínimas condicións de habitabilidade, a xefatura do distrito enganar á Inspectora dicindo que o centro de traballo non estaba onde sempre, se non nun viveiro forestal que se atopa a uns cantos quilómetros de Maceda. Ante esta mentira, recolléronse sinaturas d@s compañeir@s de traballo onde se aseguraba que o punto de encontro sempre foi o que aparecía na denuncia pedindo unha nova cita coa Inspectora para explicarlle a realidade da situación.

Outra batalla foi a demanda que interposta pola sección de CNT ante a negativa da xefatura do distrito a recoñecer o plus de nocturnidade nos días que o traballador disfruta de vacacións, tal e como ven claramente redactado no convenio e, gañando finalmente a demanda, como non podía ser doutro xeito.

 

Antes de rematar queremos falar dos sindicatos convocantes (pois o noso sindicato nunca está convidado), que aproveitando o tirón que teñen os lumes nos medios de comunicación todos os veráns manipulan aos traballador@s para conseguir os seus propios e interesados fines, para deixar logo de lado á súa propia afiliación e á maioría dos traballadores e as demandas polas que nos mobilizamos.

Por último, desde a CNT facemos un chamamento aos traballador@s para que sigan loitando polos seus dereitos, facendo fincapé na necesaria re-organización do sector que permita espallar a loita e os dereitos a tod@s os que compoñen actualmente o sector forestal en Galiza. Ante a pasividade e indiferencia da Xunta cos que se xogan a vida no monte, para que apagar o lume deixe de ser un negocio para os de sempre e por un sector forestal organizado e digno... Adiante coa loita!

Mani forestais san caetano

Mani forestais san caetano

Mani forestais san caetano

Mani forestais san caetano

Mani forestais san caetano

Mani forestais san caetano