Prensa obreira

Surrealismo Hospitalario no SERGAS

Riiiiiiiiiiiing, Riiiiiiiiiiiiiing,...

-Ola, Iria Carballo?

-Si

-llamo de las listas de contratación del sergas, tengo un contrato de tres días ,.....

-non tes nada máis?

-non, soamentes ese, sabes que podes negarte...

-onde é ?

-en otorrino é tes que estar mañan pola mañan

-dacordo.

Que sorte!, polo menos non teño que ir a Muros! Nada, a ver a quen lio para deixar á nena, vou chamar a miña nai a ver se ven desde Caldas para coidarme a nena, en fin….

Iria reside en Santiago e é nai dunha nena de oito meses. Está con ela na casa porque non tivo praza na gardería e tampouco a quería, os tempos non están para gastos. O seu compañeiro ten un traballo no que cobra seiscentos euros e a calar. Menudos contratos, pensa Iria, nótase o tema da crise, sobre todo en temas de contratación de persoal porque para outras cousas ben que hai cartos. Bo é o que hai.

Unha semana, dúas semanas, un mes nada nin unha chamada e aínda quedan dous meses para o verán. Lembro cando o Sergas era a maior ETT do Estado Español, que tempos!. Agora nin iso, soamente é un lugar que @s políticos usan para sacar a maior tallada posibel pero claro, calquera cousa, menos contratar persoal e dar servizo a xente.

Chega o verán e volve soar o teléfono.

-Ola, Iria Carballo?

-Si

-Tenemos un contrato de quince días en Urgencias

-Non dades os bloques de vacacións?

-Aínda non

-Pois nada adiante.

O Sergas, institución pública ao servizo do capital, ao que nin lle importan @s enfermos, nin leves nin terminais, nin @s traballadores nin nada. Soamente responde a cuestións de tipo se privatizamos este servizo, ¿canto lle sacamos? O meu curmán, pensa a conselleira, vende bolígrafos que se lle premes o botón ten unha luz amarela, ¿porque non compramos un para cada un dos traballadores?, diremos que é imprescidibel para curar a farinxite.

A nivel laboral, non importan as cargas de traballo das persoas, a temporalidade e a precariedade, o tempo de traballo feito de mais cada dia que sen cobralo fan moit@s traballadores pol@s doentes, etc etc

Un día unha amiga nosa sentada nun banco do parque porque non aguantaba das pernas tiña unha crachà que poñía: e ti, que superpoder tes? son enfermeir@ líase debaixo.

Desde a CNT o noso apoio para tod@s!! e o noso ofrecemento como sindicato para conseguir unha decencia laboral que tedes ben merecida!