Prensa obreira

COMUNICADO DA SECCION SINDICAL DA CNT EN EMAFESA SOBRE A POTABILIDADE DA AUGA

Dende que ao longo da mañá do 16 de xullo do 2015 se comezase a comunicar por parte dos cinco concellos afectados que a auga non era apta para o consumo humano, as formas en que se fixo tal comunicación considerámolas totalmente desacertadas. Abonda con cotexar o primeiro bando de alcaldía en chegarnos, o de Mugardos, todo un exemplo de inexactiude e de alarmismo innecesario, afirmando que a auga era "non apta para o consumo humano". O composto presente na auga é habitual nas augas potabeis de todos os países do mundo. O cloro na potabilización é de uso practicamente universal e, en todas partes, cando as temperaturas son máis elevadas e a auga leva máis materia órganica disolta, é preciso máis cloro para neutralizala; isto eleva sempre o nivel de trihalometanos, e iso é asi en calquera cidade do mundo. A Consellería de Sanidade comunica na sú web que “aínda que o risco sanitario está asociado a un consumo continuado durante anos de auga con niveis de THM elevados e non está documentado un risco polo puntual consumo de auga con estes niveis de trihalometanos, realízase unha restrición de uso e recoméndase á poboación, como medida preventiva, non inxerir a auga nin preparar alimentos con ela ata que se diminúan os niveis de THM a 100 μg/L na rede de distribución.” Como traballador@s de Emafesa, podemos entender unha restrición temporal do uso da auga para consumo humano, pero non mensaxes como as que nos chegaron dende concellos como o de Mugardos ou dende o Partido Popular da comarca, mensaxes de alarma sen aportar información que a xustificara. Non é responsable crear pánico entre a poboación na procura de réditos políticos.