Prensa obreira

Acto público en Caranza: "Os outros sindicatos. É posíbel outro sindicalismo?" Presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade

Convidámosvos a participar neste acto público que vai ter lugar en Ferrol o martes 16 de xuño ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza.

Coa convocatoria deste acto preténdese crear outro "polo" sindical oposto ao conformado polos sindicatos convencionais e que axude a retornar o equilibrio á situación de defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, convidando aos sindicatos que están a colaborar nas Marchas da Dignidade (CGT, CNT, CUT, STEG, SXG, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, Sindicato Labrego Galego), que se sumaron a un movemento unitario, traballando man con man por un interese común, aportando a súa visión sen esquecer a súa identidade.