Prensa obreira

Readmitido compañeiro informático na Xunta

Recente sentenza do TSXG dita a nulidade do despedimento do noso compañeiro Pablo P. pola vulneración do seu dereito a un proceso de consolidación de praza. Así, nos próximos dias, o compa incorporarase ao seu posto no departamento informático da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, quen ademáis deberá abonar os correspondentes salarios de tramitación xerados durante o ano que durou o despido.

Desde a sección de CNT na Xunta celebramos non só a volta do compañeiro senon tamén, a consecuente xeración dun novo posto de traballo público na Xunta, que se une á que se creou no anterior despido do propio compañeiro... en resumo, onde habia un subcontratado ilegal agora hai dous empregados públicos!! e aforrando cartos de tod@s!!

Pero non todo son boas noticias...

Lamentablemente a sentenza do TXSG da compañeira Laura F. non foi favorable para ela e por riba trae malas noticias para os empregad@s públicos.

O TSXG ven de considerar que a súa praza está ben cuberta aínda que o funcionario que a gañou no concurso de traslados do persoal informático non a ocupou realmente, o que permite que neste caso na AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) o persoal sexa intercambiable e o mesmo da que traballe nun sitio que noutro, nunha consellería ou noutra ou cunhas funcións ou con outras.... en resumo, a pesar de concursar para unha praza concreta vas realmente onde che manden!!

Desde a sección de CNT reiteramos (http://www.cntgaliza.org/?q=node/1828) o noso rexeitamento a esta forma de proceder da Xunta que conduce á amortización de postos de traballo, a despidos de compañeir@s e ao desenvolvemento de prácticas caciquís nos concursos de traslados.