Prensa obreira

Xunta de Galicia, sitio distinto!

A Dirección Xeral da Función Pública pretende eliminar os estudos das EOI como valorabeis no concurso xeral de traslados do persoal da administración xeral que se convocará proximamente.

 

@s traballador@s da Xunta estamos acostumados a ver que nesta institución calquera cousa é posíbel. Alén das baixadas de soldos, redución de dereitos en xeral, a falta de criterio á hora de aplicar as diferentes leis é a tónica xeral. Un claro exemplo é a flexibilidade horaria é o teletraballo. Cada departamento fai o que lle da a gana e non pasa nada, porque estamos acostumados a viver nesta dinámica: a improvisación. Curiosamente,na maioría das veces facendo unha interpretación das leis, regulamentos ou instrucións dende un ponto de vista restritivo.

 

Procesos selectivos interminábeis, concursos de traslados realizados cando queren os caciques,.. Unha serie de procesos que nunca contan con ningún tipo de previsión, narcotizando ao persoal da xunta e a opinión pública, metendo unha tensión que, ademais dun interese electoral para manter o poder, tamén entran en xogo a desidia, a improvisación ou o, canto me levo eu?.

 

A última noticia é que os curso das escolas oficiais de idiomas non valen para o concurso, alén do desprezo pola preocupación pola formación do persoal, temos dúas preguntas:

 

quen o decidiu ergueuse pola mañá e pensou; que vou facer hoxe? Pois quitar dos méritos do concurso os cursos da EOI.

 

ou, hai algún interese?

Como non somos nenos deberiamos pensar que a segunda pregunta é a adecuada e resposta seguramente é que so valen os curso do meu amigo “X” e eu saco unha boa tallada e todo queda na casa.

 

Dende a CNT sabemos que a única forma de gañar e manter dereitos é a autoorganización e a loita popular baseada no asemblearismo e a horizontalidade. Lamentabelmente ninguén vai vir a solucionarnos os nosos problemas agás nos mesmos.