Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Sábado 16M: Marcha ao centro penitenciario A Lama

O vindeiro sábado 16 de maio, a Asamblea para a Marcha ao C.P. de A Lama convoca unha marcha ao Centro Penitenciario de A Lama en solidariedade coas persoas presas e contra os malos tratos e as torturas practicadas neste cárcere de xeito regular, cotián e habitual, e que teñen coma consecuencia mortes de presxs (tanto suicidios coma asasinatos encubertos), autolesións e moreas de persoas destrozadas. Por suposto, todo silenciado e terxiversado polos medios de comunicación, que protexen aos represores.

A quedada será ás 11:00 da mañá no aparcamento do Punto Limpo de A Lama, dende onde se partirá ata a prisión. Despois da Marcha, ademais, haberá un xantar colectivo na Alameda (trae a túa comida para compartir, a poder ser vegana!) da vila de A Lama. Despois, ás 17:00, na Casa do Pobo terá lugar unha palestra/debate con abogadxs e compañeirxs en loita contra os talegos, en torno ao tema dos malos tratos e as torturas nos mesmos, e as experiencias de loita dende dentro para resistir.

Convidámosvos a todxs a acudir para amosar o voso rexeitamento a unha institución cruel, asasina e hipócrita que castiga o delito mentras agocha os erros estructurais dun sistema sostido na miseria e a desigualdade.

Vémonos alí!!