Prensa obreira

Crónica do Primeiro de Maio en Ferrol

O pasado primeiro de maio a manifestación alternativa convocada por CNT e as Marchas da Dignidade percorre as rúas de Ferrol baixo os lemas Pan, Traballo, Teito e Dignidade e Solidaridade Obreira, desmarcándose do sindicalismo institucional que xa fai décadas vendeu á clase traballadora a cambio dos favores do capital.

Tralo remate da manifestación leuse o manifesto conxunto e abriuse un turno de palabra, no que se poideron escoitar mostras de solidariedade cos traballadores en loita, alegatos contra os desafiuzamentos e, en xeral, contra un sistema capitalista que está a oprimir continuamente aos mesmos de sempre, aos traballadores e traballadoras, dende sempre explotados e reprimidos duramente os que loitan, aos sectores máis desprotexidos da sociedade, persoas que foron botadas dos seus fogares, que non poden subsistir por culpa dun sistema que pretende destruir á maioría para beneficio duns poucos. Pois, cada vez que saímos á rúa, non só o 1 de maio, senón en cada manifestación, en cada folga, en cada piquete, en cada xuízo, en cada acto de protesta plantámoslle cara ao capitalismo e amosamos que non somos vítimas, loitamos cada día nas rúas, nos centros de traballo, nos hospitais, diante dos bancos en tódolos lugares do mundo, porque a loita de clases segue vixente e cada día máis necesaria. 

 

1 DE MAIO, VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA!