Enquisa HostaleríaDigna

Concentración en Pontevedra: ¡Non ó estado policial!

24/04/2015 20:00

CNT Pontevedra e CGT Pontevedra convocan conxuntamente unha concentración, que terá lugar este Venres 24 de Abril, a partires das 20:00, na Praza da Peregrina, para denunciar a represión e a última montaxe do ministerio do interior contra o movemento libertario, conocida como "Operación Piñata".
A "Operación Piñata" desenrolouse o pasado 30 de Marzo con redadas policiales en vivendas e centros sociais de varias cidades do estado español, nas que detiveron a deceas de persoas ás que acusaron arbitrariamente e sen probas de actos "terroristas", e de integrar unha "Organización terrorista", denominada "Grupos Anarquistas Coordinados". Tan falsa foi a montaxe que en pouco tempo tiveron que deixar libres ós detidos, pero xa cando o dano e a criminalización do anarquismo xa estaba feito (coa axuda servil dos medios de comunicación estatais e capitalistas).
Manifestamos a nosa repulsa a esta violencia do estado (Ministerio do Interior e aparato xudicial confabulados), contra persoas coa única responsabilidade de manter activa a solidariedade social e a resistencia frente ó estado que a todos oprime, e contra o capitalismo, que a todos rouba e explota.