Prensa obreira

NC da CNT Allariz: “Por que as ideas libertarias son máis actuais que nunca?”, con Carlos Taibo

20/01/2015 20:30

Os próximos martes 20 e mércores Taibo21 terá lugar en Ourense e Allariz respectivamente esta palestra a cargo de Carlos Taibo.

Charla debate sobre a proposta teórica do anarquismo, a súa crítica da democracia liberal, a súa defensa do movemento asembleario e a acción directa, a contestación fronte ao Estado e o capitalismo, a aposta pola autoxestión, a solidariedade e o apoio mutuo como espazos para o desenvolvemento social, económico e das persoas. A relación do mundo libertario co feminismo, o ecoloxismo, o antimilitarismo, as loitas sociais e as propostas políticas parlamentarias.

OURENSE: martes 20 xaneiro. 20:30h. Facultade de Ciencias da Educación. Aula 010 (Edificio de Ferro)

ALLARIZ: mércores 21 xaneiro 19:30. Local da CNT. Rúa do Castelo 10.