Prensa obreira

Coremain recoñece a maior parte das demandas da CNT

No mes de Outubro a CNT demandaba a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores, reclamando desta maneira a conversión en traballador indefinido en Coremain dun compañeiro que prestaba servizos en Zemsania cun contrato de obra. Finalmente, Coremain aceptou as demandas da CNT e formalizou a contratación de maneira indefinida deste compañeiro en Coremain, o que significa un recoñecemento tácito da existencia da cesión ilegal, práctica común de contratación levada a cabo por estas empresas para manter en situación de precariedade aos seus traballadores e traballadoras.

Con todo, Coremain aínda non recoñece a antigüidade do compañeiro na empresa, polo que a CNT continuaremos con as demandas legais e as accións sindicais até que todas as reclamacións sexan atendidas.