Prensa obreira

Constituída sección sindical en Santa Apolonia

Tras as dúas denuncias interpostas contra o colexio Santa Apolonia (información aquí e aquí), a CNT ven de constituír a súa sección sindical en dito centro de ensino.

Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do colexio, a través da que canalizar as protestas e reivindicacións.

Estamos convencidos de que a estructura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademais de ser verdadeiramente horizontal. Todas e todos os afiliados teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías.

Este é só un primeiro paso de cara a lograr unhas condicións dignas e un recoñecemento dos dereitos dos e das traballadoras do centro.

Animamos dende xa ao resto de traballadoras e traballadores de Santa Apolonia a achegarse á sección, participar dela e avanzar connosco cara unhas mellores condicións laborais.