Prensa obreira

Segunda denuncia contra o colexio Santa Apolonia

Tras o conflito aberto fai case dous meses por reclamación de cantidades, voltamos á carga co colexio Santa Apolonia.

Neste caso o compañeiro implicado leva traballando de profesor alí desde o ano 1992, encadeando ate 10 contratos temporais con diversas irregularidades.

En 2002 fano indefinido na empresa pero coa categoría profesional de celador, cando é o único titulado en Xeografía e Historia que hai no centro e o único que imparte as asignaturas de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, polo que lle correspondería a categoría de profesor titular.

Por todo isto desde a CNT vimos de interpor unha demanda reclamando a categoría profesional correspondente e o pago das diferencias salariais, que ascenden a mais de 14000€, e tomaremos as medidas que consideremos oportunas para conseguir que Santa Apolonia respete dunha vez os dereitos dos seus traballadores e traballadoras.