Prensa obreira

Eleccións sindicais na Xunta de Galicia

De novo eleccións sindicais. Outra vez es chamad@ a votar. Antes de que o fagas, este texto vaiche explicar en que consisten esas eleccións sindicais.

Estas eleccións son herdeiras das eleccións que se realizaban durante a ditadura franquista. Nesa época existía un sindicato obrigatorio, que era chamado Sindicato Vertical. Periodicamente, @s traballador@s eran chamad@s a elixir aos seus Enlaces Sindicais. Aínda que outros sindicatos estaban prohibidos, @s integrantes de CCOO, de USO, de sectores cristiáns, comunistas... participaban nas eleccións coma independentes. CNT e UGT boicoteaban eses procesos electorais aos que consideraban simples farsas destinadas a soster a ditadura dándolle un aire democrático e eliminar calquera tipo de conflito social. Cando morreu o xeneral Franco, desapareceu o Sindicato Vertical debido ás múltiples protestas d@s traballador@s no ano 1976. Os herdeiros do franquismo, a UCD, convocaron eleccións nas que empezaron a participar todos os sindicatos existentes.

CNT decidiu boicotear eses procesos electorais [0] por unha serie de motivos que imos enumerar:


A) O que pasa antes das eleccións:

1.- Só unha minoría de traballador@s son chamad@s ás urnas. No Estado español son maioría as empresas que contratan a menos de cinco traballador@s. As eleccións sindicais deixan fora de xogo a millóns de traballador@s nov@s, precari@s, inmigrantes, a mulleres, a sectores que son, precisamente, os máis febles do mundo laboral.

2- @s traballador@s que si teñen eleccións sindicais, normalmente en empresas de máis de 250 traballador@s, vense obrigad@s a elixir unha candidatura pechada de candidat@s. É dicir, que nin pode presentarse calquera ás eleccións, nin se pode votar á candidat@ preferid@, xa que a candidatura marca  a orde estrita d@s candidat@s. Non podes tachar a quen che resulte antipátic@, nin adiantar ti a quen ti consideres máis idóne@. Se queres presentarte a candidat@ tes que montar unha candidatura ou meterche nunha xa feita.

3.- Os sindicatos adoitan montar as súas candidaturas con calquera tipo de persoa que se preste a elo. Non valoran as cualidades d@s candidat@s, senón que buscan canta máis xente mellor. Van á caza d@ candidat@ cun discurso que lle di: preséntate, non importa se despois non queres facer nada. Os sindicatos intentan tan só presentar moitas candidaturas e sacar moit@s delegad@s.

4.- Como a lei outorga unha serie de privilexios ás candidat@s elixid@s, moit@s d@s candidat@s se presentan ás eleccións para obter esas prebendas: creto horario, estabilidade no posto de traballo, liberdade de movementos...

5.- Para atraer ás votantes, os sindicatos necesitan un programa e facer unha campaña. O programa é sempre unha promesa na que se deixa para mañá o que debería ser conseguido hoxe. Ademais, podes comprobar que todos os programas prometen o mesmo. É sabido que unha vez conseguido o cargo, o programa é deixado de lado.

6.- As eleccións implican unha loita suxa e inmoral entre sindicatos. As distintas centrais intentan a toda costa evitar a presentación de candidaturas rivais. Por elo, @s candidat@s son presionados para que renuncien, as listas vixiadas para impugnalas, e o proceso revisado para facelo caer. Aos sindicatos non lles interesa a democracia, a pluralidade de opinións, a presentación de opcións diversas, senón a destrución do rival.

B) O día das eleccións:

1.- No día electoral asistirás ao espectáculo de ver a apoderad@s, interventor@s e supervisor@s sindicais pasear polos distintos servizos e centros de traballo, cazando votantes. Ese día dóuraselle a pílula á traballador@. Lembraránselle pasados favores feitos, e os que aínda pode recibir: traslados de posto, promoción, carreira profesional, acceso a cursiños e horas extras, etc. É o día no que, por medio do sorriso, do agarre do brazo e da invitación á cervexa, @s sindicalistas confraternizan co@ currante.

2.- No día electoral, se decides ir votar, sentirás a estraña sensación de estar realizando un ritual baleiro, carente de sentido. É como ir a misa sen ser católico. As motivacións para o voto son do máis diversas. Unh@s votan porque hai que votar; outr@s por ver que pasa; outr@s por escaquearse un intre do curro; outr@s votan por non quedar mal ante fulano ou zutano; outr@s por medo a perder as súas posicións privilexiadas. E moi pouc@s, por non dicir ninguén, pensa que está a elixir @s súas representantes laborais. Hai, ademais, unha morea de xente que non vota ¿por que?


C) Despois das eleccións:

1.- Porque nas eleccións non elixes @s túas representantes. Votando o que fas é outorgar poder a unha persoa para que decida no teu nome. Ti non podes controlar á delegad@, non podes esixirlle que cumpra o seu programa, rapidamente esquecido. A lei outorga á delegad@ poder para negociar, asinar e impoñer a súa vontade á traballador@; pola posición que ocupa traba amizade con xef@s, directiv@s e capataces; consegue man para enchufes, chanchullos, pasteleos e enxuagues. @ delegad@ é unha especialista que aprende normativa e leis e que che explica o que está ben e está mal de acordo coa lei [1]. ¿E viches ti algunha vez que a lei che beneficie?

2.- @ túa delegad@, ademáis, se está encadrada nun sindicato, é controlada pola organización á que pertence, que se apresurará a quitarlle os seus recursos (horas de liberación) para darllos ás xef@s sindicais. Es@s xef@s están moi por encima das túas pequenas necesidades (salarios, quendas, mobilidade, EPIs...) e dedícanse a cuestións de alta política: pactos, reconversións, grandes acordos pasan polas súas mans. E grazas a el@s, cada ano que pasa hai novos retrocesos. Hai medo, sumisión e despedimentos.

3.- O proceso electoral está montado para que unha vez votes, cales. Ti pintarás moi pouco ante @ delegad@, ante o comité e ante o sindicato, que só desexa que votes, que non deas problemas e que pagues a cota. Co cal aprendes que hai que ser pasiv@, que protestando só consegues ser antipátic@, e que o mellor é dedicarte aos teus asuntos. E unha vez domesticad@, os sindicatos bótanche en cara que non che interesa nada, que non participas  e que por iso eles non conseguen resultados.

4.- A pesar de todo, hai delegad@s honrad@s e comités que intentan facer ben as cousas e loitar polos dereitos d@s traballador@s. Pero o feito é que hai unha separación, unha división entre @ traballador@ que fai o seu traballo e @ delegad@ que está liberad@ ou que dispón de horas sindicais. Ti non che acabarás de fiar dunha delegad@ que non sabes a que dedica o seu tempo e a quen ves en reunións nas que che enteras de moi pouco; e el@ non se fía de ti, porque te ve egoista, pasiv@, apegad@ ás túas cousas, ignorante dunha morea de problemas e limitad@ ao teu propio punto de vista. Os choques son inevitables. Porque @ delegad@ combativ@ está so@: nada pode contra a patronal, a Administración e os seus recursos, nin contra os sindicatos, nin contra @s delegad@s corrupt@s. Rapidamente quéimase e aprende a lección: ou se corrompe, ou perde o entusiasmo ou dimite [2]. Desengánate: Superman non existe.

5.- Entón. Se as eleccións non valen para que a túa voz se escoite, ¿para que serven? As eleccións sindicais serven para asignar a representatividade dos sindicatos a escala estatal. Así, cada voto recibido serve para que eses sindicatos obteñan a etiqueta de representativos ou maioritarios. Grazas a esa falsa etiqueta, o goberno e a patronal reparten millóns de euros anuais en subvencións directas e indirectas (pados de cursos, proxectos, empresas, liberacións, subvencións monetarias, locais, funxibles...) Estas subvencións serven para nutrir a unha casta de sindicalistas profesionais, cuxa principal misión nesta vida é non perder a poltrona. E para iso, pactan o que faga falla con quen lles paga [3].

6.- Hai un último punto que reluce despois das eleccións sindicais: o voto non é segredo. En primeiro lugar, sábese quen vota e quen non vota. @ delegad@ saberá se te abstiveches e, en consecuencia, tratarache con menos benevolencia que se si votas. En segundo lugar, tras a eleccións  @s delegad@s  someten a un escrupuloso escrutinio os censos electorais e compáranos cos resultados obtidos. Dado que cada sindicato controla quen son @s súas potenciais votantes (afiliad@s e simpatizantes) e quen son os seus potenciais inimigos (afiliad@s doutros sindicatos) poden cadrar as contas e valorar se cada quen votou a quen debe votar. Se votas en branco, nulo, ou a outro sindicato distinto do teu, iso acabará sabéndose. Polo tanto, hai que denunciar a falacia do voto segredo.

D) ¿Que intereses defenden as eleccións sindicais?

As eleccións sindicais e todo o actual sistema sindical español, defenden os intereses das empresas (e da Administración). @ empresari@ é quen mantén economicamente ao sindicato (el paga locais e liberacións). @ empresari@ negocia cunha empregad@ súa que é @ sindicalista. @ sindicalista, no mellor dos casos, fai o control de calidade da empresa, procura que se cumpla a lei e sinala @ empresari@ os defectos que debe corrixir. Pero non é a persoa que intenta profundar e obter o máis e mellor para @s traballador@s. Isto é así porque @s traballador@s permanecen pasiv@s e resignad@s, xa que a lei sindical e laboral imponlles o silencio e a impotencia.

E) ¿Que podemos facer?

O primeiro, non colaborar coa farsa: non votar. Votar é un dereito, pero non é un deber. Se che ofrecen ser candidat@, non aceptes. Se es delegad@, dimite. Pero hai que facer algo máis, non basta con queixarse, con dicir que todo está moi mal. Aínda que a abstención electoral sexa en moitos casos superior ao 50-70%, basta cunha porcentaxe mínima de votantes (os votos d@s delegad@s e sindicalistas interesad@s en saír e os d@s súas amig@s) para que o Estado reparta entre eles as súas subvencións. Unha abstención pasiva beneficia aos sindicatos mal chamados maioritarios. Por iso, é fundamental que ti te convertas n@ túa propi@ delegad@, que ti te organices co resto d@s túas compañeir@s, que ti fales de cales son os teus problemas, que ti protestes, que ti decidas... É preciso que te deas conta de que ti non es culpable do mal que está o mundo, porque os culpables son el@s. Pero que si que es responsable do que sucede. Se quedas quiet@ e calas farás exactamente o que esperan de ti.


F) Existe un modelo alternativo.

É o modelo sindical da CNT. A CNT funciona por medio de seccións sindicais [4]. Unha sección sindical da CNT está formada pol@s afiliad@s a CNT que, reunid@s en asemblea debaten os seus problemas e deciden as accións que deben emprender para os solucionar. Non hai privilexios, nin liberacións, nin subvencións, nin poder en mans d@s delegad@s de CNT, xa que toda a capacidade de decisión pasa pola Asemblea. Dende o noso punto de vista, non son necesarias nin as eleccións sindicais nin os comités de empresa para facer sindicalismo. Esa sección sindical recibe apoio e solidariedade da totalidade do sindicato e presta a súa axuda a outras seccións cando o precisan.

Se ninguén traballa por ti, que ninguén decida por ti

Referencias:

[0] CNT rechaza las elecciones sindicales. El Pais. 6Set1977
http://elpais.com/diario/1977/09/06/economia/242344812_850215.html

[1] Os comités de empresa son órganos corporativos e insolidarios que dividen ás traballador@s empresa por empresa, facendo un sindicalismo vertical, e practicando o parlamentarismo. Fan dos sindicatos órganos burocráticos ao servizo da patronal e do goberno, quen os mantén, alleos así aos intereses d@s traballador@s. As asembleas desaparecen, xa que os comités teñen toda a capacidade de negociar, e aquelas convértense en órganos inservibles, xa que son consultivas e non decisorias. Os sindicatos perden a súa forza, posto que os traballadores non vemos neles a nosa arma de defensa fronte á patronal.

[2] As propias prebendas obtidas polo sindicato son un arma de coacción nas mans da parte “contratante”: ti tes isto porque eu cho din, e como cho din pódocho quitar (repasemos as hemerotecas ou tiremos de memoria inmediata).

[3] O artigo 6º da Lei orgánica de liberdade sindical establece:
1. A maior representatividade sindical recoñecida a determinados sindicatos lles confire unha singular posición xurídica a efectos, tanto de participación institucional como de acción sindical.
2. Terán a consideración de sindicatos máis representativos a nivel estatal:
a) Os que acrediten unha especial audiencia, expresada na obtención, en dito ámbito do 10 por 100 ou máis do total de delegados de persoal dos membros dos comités de empresa e dos correspondentes órganos das Administracións públicas.
b) Os sindicatos ou entes sindicais, afiliados, federados ou confederados a unha organización sindical de ámbito estatal que teña a consideración de máis representativa de acordo co  previsto na letra a).
3. As organizacións que teñan a consideración de sindicato máis representativo segundo o número anterior, gozarán de capacidade representativa a todos os niveis territoriais y funcionais para:
a) Ostentar representación institucional ante as Administracións públicas ou outras entidades e organismos de carácter estatal o da Comunidade Autónoma que a teña prevista.
b) A negociación colectiva, nos términos previstos no Estatuto dos Traballadores.
c) Participar como interlocutores na determinación das condicións de traballo nas Administracións públicas a través dos oportunos procedementos de consulta ou negociación.
d) Participar nos sistemas non xurisdicionais de solución de conflitos de traballo.
e) Promover eleccións para delegados de persoal e comités de empresa e órganos correspondentes das Administracións públicas.
f) Obter cesións temporais do uso de inmobles patrimoniais públicos nos términos que se establezan legalmente.
g) Calquera outra función representativa que se estableza.

[4] Consonte o artigo 8º da lei orgánica de liberdade sindical:
    1. Os traballadores afiliados a un sindicato poderán, no ámbito da empresa ou centro de traballo:
    a) Constituír Seccións sindicais de conformidade co establecido nos Estatutos do Sindicato.
    b) Celebrar reunións, previa notificación ao empresario, recadar cotas e distribuir información sindical, fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal da empresa.
    c) Receber a información que lle remita o seu sindicato.