Prensa obreira

Cambio de delegado na Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia

Seguindo os criterios sobre rotación dos cargos establecidos no sindicato CNT, na Sección sindical na Xunta de Galicia vimos de efectuar o relevo na delegación da Sección ocupando agora o posto o noso compañeiro Pepe da Consellería de Pesca.

Así, desde a Sección de CNT, agardamos poder continuar o modesto pero constante labor que vimos desenvolvendo na Xunta de Galicia nos últimos tempos, e que a modo de resumo é a seguinte:

Xestionamos varios conflitos laborais, principalmente despedimentos nas Consellerías de Traballo e Educación, así como asesorando e presentando denuncia na modificación de varias RPTs.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1657
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1726

Os compañeiros da CNT do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) elaboraron un moi bo informe sobre a privatización dos servizos contraincendios e participaron nas mobilizacións unitarias realizadas nas últimas campañas.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1608

Participamos presentando propostas no tímido proceso asembleario que puxeron en marcha os sindicatos representativos co gallo da reformas de Feijoo de 2012 que, lamentablemente acabou morreu de pena.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1621

Promovimos e apoiamos ás asembleas abertas de San Lázaro que realizaron charlas e actos autoxestionados polo propio persoal público en San Lázaro aínda que finalmente non frutificaron.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1463

Realizaronse charlas puntuais en San Caetano en temas de especial interese (unha vez que pechamos o ciclo de charlas regulares conocido como “Cafés Combativos”), como a de conciliación familiar que suscitou unha gran asistencia e deu lugar a numerosos asesoramentos puntuais.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1661

Finalmente, elaboraronse varios artigos sobre distintas problemáticas do sector público (privatización mediante a LOFAXGA, a contrareforma da administración local, a problemática das liñas de transporte,...) distribuídos por mail aos empregados/as públicos xunto con informacións de actualidade que consideramos de interese para tod@s.