Prensa obreira

A CNT comeza conflito co colexio Santa Apolonia

A CNT de Compostela ven de interpoñer unha denuncia contra as empresas "Santa Apolonia" e "Karmaden", xestoras do colexio privado Santa Apolonia de Compostela.

Despois de ter a un compañeiro traballando desde o ano 2003 con unha sucesión de contratos en fraude de lei, contratado por Santa Apolonia S.L, no ano 2005 cámbiaselle o contrato para a empresa Karmaden. Esta empresa é realmente a mesma que a anterior. O domicilio é o mesmo, e o compañeiro desenvolve exactamente as mesmas tarefas no mesmo lugar de traballo.

En setembro deste ano deciden cambiar os horarios ofrecendo como alternativa rescindir o contrato. O compañeiro decide rescindilo e cando chega a hora de asinar o finiquito, este é moi inferior ao que lle corresponde.

A día de hoxe Santa Apolonia non abonou nin un euro dos máis de 12000 que lle deben ao compañeiro.

Desde a CNT anunciamos que queda aberto o conflito con esta empresa, que a denuncia xa está posta e que se tomarán as medidas que consideremos oportunas.

Solidariedade operaria!