Enquisa HostaleríaDigna

Crónica da conferencia de Carlos Taibo en Vilagarcía de Arousa

conferenciaO sábado 12 de abril celebrouse a conferencia con Carlos Taibo na sede da CNT en Vilagarcía sobre a actualidade das ideas e prácticas libertarias. Nela Carlos explicou os plantexamentos libertarios dende conceptos básicos coma a autoxestión, a acción directa, o aopio mutuo, o asamblearismo, a autonomía..., e como istos supoñen unha alternativa ao marco estructural do Estado e do capitalismo nas sociedades actuais.

Carlos tamén falou da descomplexización, a desurbanización e a destecnoloxización da sociedade que, xunto ao decrecemento, constituen unha necesidade cara a levar a cabo o proxecto dunha sociedade autoxestionada.

conferencia2Tras a conferencia os asistentes poideron facer preguntas e intercambar opinións con Carlos, o que ao mesmo tempo dou lugar ao inicio dun debate entre os mesmos asistentes que se desenvolveu de forma autónoma e que tratou sobre o funcionamento dos modelos horizontais de autoorganización. Isto dou pé a plantexar o modo que a CNT ten de traballar, sen líderes nin xerarquías, e ao mesmo tempo de explicar o modo no que funcionaría unha sociedade sen Estado e sen capitalismo.

En xeral pódese valorar a conferencia coma unha experiencia moi positiva da que os asistentes sairon satisfeitos despois de poder desenrolar os seus puntos de vistas e opinións tanto con Carlos como cos demáis, é supón unha clara mostra do interés que suscitan os plantexamentos libertarios nesta era de crisi ideolóxica do sistema.conferencia3