Prensa obreira

Finalizado o conflito por despedimento en Coremain

Desde a CNT damos por rematado o conflito que mantiñamos coa empresa Coremain debido ao despedimento da secretaria de organización da sección sindical da CNT na empresa.

Logo dunha intensa campaña baseada na acción directa, o sindicato chegou a un acordo coa empresa, debido ao desexo da traballadora de non se reincorporar a unha empresa que durante meses a tiña explotado e acosado.

Con todo, desde a CNT mantemos abertos o resto de conflitos e denuncias dos incumprimentos da lexislación laboral en Coremain, como diversas modificacións substanciais e incumprimentos en materia de horarios.