Prensa obreira

Concentración do 11 de xuño ás portas de Coremain

O pasado 11 de xuño, compañeiros da CNT concentrámonos ás mesmas portas de Coremain para esixir a inmediata readmisión da compañeira despedida.

Pouco despois de despregar unha faixa e empezar a informar polo megáfono comezaron as mostras de nerviosismo na entrada da oficina. Dous tipos con traxe e gravata apuntaban os seus teléfonos móviles hacia nós, como se vivísemos nunha especie de futuro no que, para denunciar aos malos, bastase con quitar unhas fotos e envialas á policía do pensamento.

Tralos serenos intentos de negociación cos responsabeis do negocio por parte duns compañeiros, chegou a policía que con tantos nervios esperaban os dos traxes. Esperamos que desta vez xa entendan que unha cousa é exercer un direito, que é o que fai a CNT, malia que sexa molesto para eles, e outra é reprimilo. Así a presenza da policía non serviu máis que para chamar a atención das empregadas e empregados da empresa. 

Como xa viron, a realidade non é a que esperaban, é ben outra, pois nin aínda chegou ese futuro que eles ansían, de policías en tódalas partes sempre dispostos a acudir na defensa do pobre empresario explotador (pero que predica a "responsabilidade social"), nin somos nós os malos.

A realidade é que aínda hai traballadoras e traballadores máis dispostos a organizarse e a loitar polos direitos da clase obreira que a ser os cadelos dos xefes.

A realidade é que a CNT vai estar presente na vida diaria de Coremain e Vodafone até que a compañeira que foi despedida sexa readmitida.

As cousas están así: Coremain e Vodafone acosaron e despediron á secretaria de organización da sección sindical da CNT en Coremain, e a causa non foi outra que quitar do medio a unha traballadora que exercía o seu direito á liberdade sindical. A CNT sempre se mostrou disposta a negociar a readmisión da compañeira e, até agora, só recibiu ameazas e pouco máis.

NIN UN SÓ DESPEDIMENTO MÁIS EN COREMAIN E VODAFONE
READMISIÓN INMEDIATA DA SINDICALISTA DA CNT