Prensa obreira

Continúan as mostras de solidariedade coa sec. sindical de CNT en Coremain

Valladolid, Elche, Vigo... Continúan as mostras de solidariedade coa sección de CNT en Coremain polo inxusto despedimento, por parte de Coremain e Vodafone, da compañeira secretaria de organización.

Na semana pasada as compañeiras e compañeiros de CNT Coruña repartiron panfletos informativos diante de todas as lojas que Vodafone ten na cidade. E fora da Galiza, CNT León realizou un reparto de panfletos diante dunha das lojas de Vodafone en León informando da situación de acoso e despido por exercer os seus dereitos básicos que sufriu a nosa compañeira.

Estas mostras de apoio e solidariedade non só reafirman a nosa loita, senón que tamén contribúen a tirar públicamente a máscara da respetabilidade de dúas empresas, Coremain e Vodafone, que nas súas páxinas web corporativas defínense sen modestia ningunha como comprometidas coa "responsabilidade social", "coa sustentabilidade", "coa sociedade e o medio ambiente", etc. 

Coremain, Vodafone:

Por que non aplicades ese compromiso nas vosas relacións cos vosos empregados?

READMISIÓN COMPAÑEIRA DESPEDIDA!