Prensa obreira

CNT Vigo solidarízase coa sección de CNT en Coremain

A sección sindical de CNT en Coremain sigue recibindo mostras de apoio e solidariedade coa compañeira inxustamente despedida por Coremain e Vodafone. Esta vez son as compañeiras e os compañeiros de CNT Vigo.

Informannos eles:

"Hoxe, día 28, o SOV de Vigo saíu á rúa para denunciar as prácticas mafiosas das empresas Vodafone e Coremain. A iso das sete da tarde plantámonos diante da tenda que Vodafone ten na rúa Gran Via n.º 11 coa nosa pancarta e dous centos de octavillas para repartir. Nesta ocasión, a resposta cidadán foi de maior apoio que en anteriores saidas: mais xente preguntando polo conflicto, mais indignación frente a agresión contra a companheira despedida, o que nos fai concluir que estamos no bo caminho: a loita está na rúa."

Solidariedade non é encher un espazo na páxina web corporativa con palabras como "compromiso" e "responsabilidade" namentres as traballadoras e os traballadores da túa empresa viven un constante acoso. É isto ao que nos referimos cando falamos da solidariedade obreira, accións desinteresadas de apoio a compañeiras como a traballadora despedida por Coremain e Vodafone polo feito de exercer os seus dereitos.

Pero tanto en Vigo como en Valladolid, Elche ou aquí sabemos que é algo que nunca entenderon nin nunca entenderan eses tiburóns disfrazados de cristiáns que só pensan en enriquecerse a costa da suor e o esforzo alleos.

Grazas, compañeir@s!

READMISIÓN COMPAÑEIRA DESPEDIDA XA!