Prensa obreira

CNT Elche solidarízase coa sección de CNT en Coremain

Na mañá do día 28 de maio, un grupo de afiliados da CNT de Elche levou a cabo unha concentración diante dun dos establecementos que Vodafone ten na súa cidade en solidariedade coa compañeira da sección sindical de CNT en Coremain, despedida ilegal e conxuntamente por Coremain e Vodafone.

Citamos da páxina dos compañeiros de Elche:

"Ante estes feitos e respondendo á petición de apoio dos compañeiros galegos, [...] durante arredor dunha hora estivemos á porta da tenda denunciando ante a cidadanía esta nova agresión aos dereitos dos traballadores e repartindo máis de 200 panfletos.

Muitos eran os cidadáns que nos expresaban o seu apoio e a súa indignación coa situación xeral que estamos a vivir, pois cada vez está máis claro quen somos os que estamos a pagar as consecuencias da nefasta xestión dos políticos e a avaricia desmedida de banqueiros: a poboación en xeral e os traballadores en particular, que cada día vemos como perdemos dereitos, poder adquisitivo e dignidade, namentres os de sempre siguen vivindo confortablemente e rin de todos.

Por isto é máis digno que ante estes ataques aos nosos dereitos os traballadores e as traballadoras lles plantemos cara e non nos resignemos a ver como pisan os nosos dereitos e como día a día vamos retrocedendo e empiorando as nosas condicións de traballo."

A sección sindical de CNT en Coremain agradece aos compañeiros de Elche a súa mostra de apoio, que nos anima a seguir adiante con esta campaña contra Coremain e Vodafone e as súas prácticas de acoso e derribo contra toda traballadora que intente exercer os seus lexítimos dereitos sindicais.

READMISIÓN COMPAÑEIRA DESPEDIDA!

NIN UN SÓ DESPEDIMENTO MÁIS EN COREMAIN E VODAFONE!