Prensa obreira

Pasarrúas conflicto Coremain-Vodafone en Compostela: readmisión compañeira despedida!

Dentro do conflicto sindical aberto contra Coremain e Vodafone, empresas responsables, as dúas, do acoso contra a lexítima actividade sindical que derivou no despedimento da compañeira secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, o pasado 28 de maio tivo lugar un pasarrúas polos locales de Vodafone en Compostela.

O pasarrúas percorreu a zona nova toda facendo paradas diante das lojas Vodafone para informar á veciñanza compostelá das oscuras prácticas laborais desta empresa e da súa socia Coremain, unidas ambas dúas nunha alianza estratéxica para mellorar os seus beneficios anulando os dereitos sindicais das súas traballadoras e dos seus traballadores.

Informamos ademáis mediante o reparto de varios centenares de panfletos e de palabra, pois muitos viandantes mostraron o seu interese pola nosa presenza e querían coñecer a razón da nosa protesta.

E a razón non é outra que o caso da nosa compañeira, despedida despois dunha sanción arbitraria, en vías de resolución xudicial, polo simples feito de sacar á luz e denunciar a opresiva atmósfera de destrucción dos seus dereitos laborais que enfrontan cada día as súas compañeiras e compañeiros, un caso máis dunha cadea de situacións de acoso, por parte das dúas empresas, contra toda traballadora disposta a desenvolver a súa lexítima acción sindical en Coremain.

Rematamos temporalmente o noso pasarrúas na loja de Vodafone da zona vella, xunto da praza de Galicia. E dicimos temporalmente porque CNT non vai deter esta xusta campaña informativa e de denuncia até que a nosa compañeira sexa readmitida na empresa da que foi despedida, conxunta e ilegalmente, por Coremain e Vodafone.

Pola nosa parte, só resta dicir que CNT non se vai deter nin na Galiza nin fora de ela, como amosan as mostras de solidariedade que están a chegar.

NIN UN SÓ DESPEDIMENTO MÁIS EN COREMAIN E VODAFONE!

READMISIÓN INMEDIATA DA SINDICALISTA DA CNT DESPEDIDA!