Galiza. 22 Febreiro, 2012 - 15:15

Ante o escenario creado pola derradeira reforma laboral da patronal e do goberno, a CNT-Galiza convoca Folga Xeral para o dia 29 de Marzo, xunto ás centrais sindicais CIG, CGT e CUT; e coincidindo coa folga xeral en Euskal Herria.
Animamos á clase traballadora a non asistir aos seus postos de traballo ese día, e a participar dos piquetes e mobilizacións que se realicen, tanto os días previos como o día 29.
Agora mais que nunca, a nosa clase ten que saír á rúa a loitar polos nosos dereitos.
O patrón só entende unha linguaxe: Boicot, Folga e Sabotaxe.
É hora de loitar.
Sen subvencións, sen liberad@s.
CNT, o teu sindicato.






