Prensa obreira

Reunión de traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia

15/12/2011 11:30

Sección sindical xunta de galiciaDesde a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convocamos a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública à reunión que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro de 11:30h. a 12h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Nesta reunión é a nosa intención reflexionar sobre os recortes laborais e sociais actuais, así como aos que nos imos enfrentar nos próximos tempos, facendo especial énfase nos relativos á Función Pública. Frente a estes ataques aos traballadores/as, nos presentaremos as nosas alternativas e as nosas propostas de organización e acción.

Por último, pedirche o pequeno esforzo de vir a escoitarnos, será o tempo dun café. Pensamos que nos merecemos unha oportunidade tras máis de cen anos de humilde sindicalismo desde abaixo, practicando a horizontalidade nas decisións e o solidario apoio mútuo entre os traballadores/as, sen cobrar de ninguén, sen recibir subvencións, sen pedir o voto, sen ter liberados,... porque nos somos traballadores, os temidos traballadores organizados.

Non agardes máis... este xoves 15 de decembro móvete por ti, polos teus e por tod@s!!

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es
981 546 815
www.cntgaliza.org/?q=xunta