Prensa obreira

Carta aberta á Xunta de Persoal e ao Comité de empresa da Xunta de Galicia

Estimados señores e señoras dos órganos representativos:
 
Algúns traballadores/as dos servizos centrais da Xunta en San Caetano vímonos preguntando cando se convocará unha nova asemblea do persoal público. Entendemos que a última, e única, experiencia asamblearia do mes pasado produciu uns resultados bastante esperanzadores: unha afluencia inusitada de traballadores/as á asemblea, un amplo consenso para facer un acto de protesta e unha participación masiva na celebración de dita protesta. Segundo o falado na asemblea, en función da resposta obtida así se seguiría actuando... entón a que esperamos?

As circunstancias non cambiaron, os rumores sobre os recortes salarias e o avance das políticas privatizadoras son incesantes e é só cuestión de tempo que se fagan realidade. Amais, os empregados/as públicos veranse afectados, ao igual que o resto de traballadores/as, por futuras reformas e reestructuracións do sistema: recortes nos servizos sociais, aumento do IVE, do prezo da enerxía, copago sanitario,...

Por todo isto, e porque a indignación segue existindo, o que propoñemos é:
- A celebración dunha nova asemblea de traballadores/as públicos antes do comezo do verán.
- A posta a disposición de tod@s da acta da asemblea de 10/06/2011

Rematamos, facemos un chamamento á responsabilidade e unidade dos órganos de representación dos traballadores/as públicos e aos sindicatos que os compoñen para que den voz novamente aos propios traballadores/as da Xunta.

Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia.

http://www.cntgaliza.org/?q=siega

Carta aberta á Xunta de Persoal e ao Comité de empresa da Xunta de Galicia