Prensa obreira

Protestas na Xunta de Galicia

Protestas na Xunta de GaliciaHoxe tivo lugar na Xunta de Galicia unha masiva protesta de empregados da administración publica. A concentración celebrouse por mandato da asemblea de traballadores/as dos edificios centrais da Xunta celebrada a pasada semana. Esta protesta de hoxe enmárcase dentro dos actos reivindicativos pola dignificación do emprego público e a defensa dos servizos públicos que os empregados e empregadas da Xunta decidimos emprender.Ao final do acto, unha representación do comité de empresa foi recibida polo presidente Feijo co obxectivo de entregarlle o manifesto elaborado para a ocasión.

Desde a sección sindical Siega de CNT en San Caetano valoramos positivamente a convocatoria de asembleas de traballadores/as para que sexamos nos mesmos os que loitemos e solucionemos os nosos problemas. Valoramos tamén moi positivamente a concentración de hoxe como primeiro acto do que agardamos se convirta nunha continua campaña de denuncia e protesta ante os recortes no sector público e os contínuos ataques á clase traballadora.

Veremonos na vindeira asemblea!!

Protestas na Xunta de Galicia

 

Protestas na Xunta de Galicia