Prensa obreira

Crónica da asemblea de traballadores/as da Xunta de Galicia (10/5/11)

Facemonos eco da crónica que un compañeiro fixo da pasada asemblea de traballadores/as da Xunta de Galicia do pasado 10/05/2011.

A asamblea tivo lugar ás 10:30 no salón B do edificio da Consellería de Presidencia. Cando nós chegamos (a e 35) xa non había sitio e logramos colarnos para a outra banda.

No fronte da sala, apoiados contra a tarima, estaban 8 representantes sindicais da xunta de persoal de Servizos Centrais da Xunta, CIG, UXT, CCOO, e CSIF. Comezaron dando os datos dos que dispoñían, que non estaban confirmados pero que todo facía supoñer un desenlace coñecido.

Existe un plan xeral de estabilidade económica do goberno central que, supeditado á evolución da situación económica, prevé recortes no capítulo 1 dos orzamentos presupuestarios. Neste capítulo inclúense as nóminas do persoal público que, polo que entendín, é un xeito sinxelo xunto cos recortes nas pensións de xustificar ante Europa que España esta comprometida coa recuperación económica.

Comentaron que en España estanse a levar a cabo medidas similares ás que Europa esixe nos seus plans de rescate a Portugal, Grecia e Irlanda, nas que xa se está a despedir a persoal público. E que na medida en que nós nos mobilicemos podemos permitir que prosigan con este tipo de plans ou lograr paralizados.

Segundo información suministradas de xeito oficioso os recortes afectarían a un 2% das nóminas e ata un 8% nas pagas extra, incluíndo os complementos de destino. Agora ben, como vos dicía, son datos sin confirmar supeditados á evolución da situación económica. Situación, que por outro lado, todo o mundo na sala daba por suposto que sería a peor, co que a redución dábase por asegurada.

Esta información, baseada como vos digo no plan xeral de estabilidade económica do goberno, non está confirmada a nivel autonómico. A principios de Xuño reunirase a comisión da Consellería de Facenda e nese momento é posible que a autonomía saiba algo máis.

A intención dos sindicatos era coñecer cal sería a resposta ante unha hipotética convocatoria a algún tipo de acción no caso de confirmarse os datos, xa que se amosaron descontentos co seguimento na folga convocada hai un ano.
Despois de moitas intervencións dos asistentes, réplicas, contrarréplicas e demais, vou tentar resumir as conclusións da reunión.

Existe consenso en que:

  • Si o conxunto da asamblea non se pon de acordo e camiña nunha mesma liña o fracaso está asegurado. Pola contra, existen antecedentes (falaron de Xustiza) de que unha acción a tempo pode modificar as intencións do goberno.
  • Os medios de comunicación no seu conxunto, principalmente La Voz de Galicia e El Correo Gallego, están levando a cabo xunto co goberno autonómico unha campaña de desprestixio público sobre o traballo dos funcionarios. Parece ser que as subvencións, contratacións e demais que cobran estes medios en tempos de crise fan de eles un instrumento máis ó servizo do goberno.
  • A imaxe que xa de por si ten a opinión pública dos funcionarios é negativa, co que calquera recorte que se realice sobre as nosas nóminas vai a ser ben vista polo conxunto da cidadanía.

Opinións da xente:

  • Foi bastante aplaudida a idea de utilizar medidas de presión que non afecten directamente ós cidadáns, como as folgas de celo, xa que lonxe de solucionar o problema o poderían agravar sen resultados positivos como pasou no caso dos controladores aéreos. Pola contra é necesario ser creativos e utilizar outro tipo de estratexias máis construtivas.
  • Houbo debate sobre a pertinencia dunha folga e o seguimento que esta tería. A resposta a esta cuestión foi comezar pouco a pouco, mantendo as reunións asamblearias, e en vista dos resultados de acción concretas se fora decidindo. Non había consenso sobre os resultados dunha posible folga tradicional.
  • Falouse de incluír outras xuntas de persoal de funcionarios (delegacións, etc), pero acordouse inicialmente comezar só por servizos centrais.

Actuacións concretas e acordadas:

  • O xoves da semana que ven convocarán ós traballadores públicos en Servizos Centrais a unha concentración na pirámide de presidencia. Esta faise coincidir coa roda de prensa habitual do presidente da xunta despois dos consellos dos xoves. A razón é solicitar a Feijoo unha rectificación ante as declaracións feitas relacionadas co atraso no cobro das nóminas do mes de Abril: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7759.html
  • Solicitaráselle á Consellería de Facenda unha certificación sobre a situación dos presupostos actuais destinados a nóminas para coñecer o estado real das contas.
  • Tentarase crear un espazo web (facebook ou algo) común a tódalas centrais sindicais para que o conxunto da asamblea se poida dirixir aportando información, ó mesmo tempo que para ver unha imaxe común dos sindicatos (isto é especificamente para o persoal de servizos centrais: San Caetano e San Lázaro).

Outras accións propostas polos asistentes:

  • Non permitir opinións de desprestixio na rúa. En definitiva non permitir a proliferación da campaña de desprestixio.
  • Dignificar a labor do empregado público.
  • Deixar de mercar/ler os periódicos que participan nesa campaña.
  • Compartir información a través dunha aplicación sobre posible medidas que a Xunta podería levar a acabo para reducir o gasto. Entre o que se podería incluír os complementos dos altos cargos, os seus asesores, asistencias externas innecesarias, competencias duplicadas, etc. Dando a coñecer así á opinión pública a realidade da administración.
  • Outras medidas creativas propostas foron comprar todos en Adolfo Domínguez e devolver as prendas mercadas ós 15 días, que se nos cale o coche a todos un detrás de outro, diante da entrada dos coches oficiais, ir comer xudías á ópera...
  • Organizar unhas xornadas con expertos en economía que nos propoñan diferentes actuacións se poden realizar.

Moi posiblemente se me escapen cousas, e outras estean cargadas da miña visión persoal, non era a miña intención.