cnt cnt

Cr贸nica da manifestaci贸n contra a nova reforma laboral

Compostela. 28 Xu帽o, 2010 - 15:32

manifestación reforma laboral 2010 CNT Galiza

Por volta de 150 persoas participaron na convocatória lanzada pola CNT da Galiza contra a nova reforma laboral. Iniciou-se a marcha desde a Alameda, encabezada por unha faixa contra a Reforma Laboral e os cortes aos direitos sociais por parte do PSOE.

diaz ferran cnt

 

A primeira parada fixo-se na oficina principal do banco de Santander, onde se deu o primeiro mitin contra o papel da banca e o seu seu enriquecemento a costa da clase traballadora. Aos poucos foi-se sumando xente e chegamos às puertas de Zara donde se dá un segundo mitin contra a explotación deste grupo de moda. A terceira parada realiza-se ante o Parlamento de Galiza. Alíbabá e os 40 ladrones non sairon saudar ao terceiro orador que lanzou un duro mitin contra a clase política e o sistema parlamentário. Outra parada produciu-se en Viajes Marsans, empresa do presidente da CEOE, Díaz Ferrán onde un compañeiro deu un novo mitin sobre a clase empresarial comandada por díaz Ferrán e outr@s compañeir@s procedian a pendurá-lo da empresa desde a que se dedicou a explotar a centos de traballador@s. Finalmente, entramos na zona vella e detivemo-nos no bar A Conga, con quen o sindicato compostelano mantén un confito laboral, e lanzou-se un novo mitin sobre a situación de extrema explotación e precariedade que deben padecer @s traballador@ß da hostelaria en Compostela.

mitin reforma laboral CNT

 

A manifestación rematou na Praza de Cervantes, onde Antonio Baena (CNT Fernán Núñez, actual secretário de acción sindical da CNT andaluza) e os secretários da CNT de Ferrol e Compostela deron-nos un maxistral mitin, centrando-se uns na análise das novas reformas, outros no nefasto papel que ten xogado o sindicalismo de xestión para ter arrastrado à clase traballadora a unha situación como a actual, e poñendo énfase na proposta sindical da CNT.


  Confederaci髇 Nacional do Traballo