Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras

Seccion sindical da C.N.T. Médicos Sin Fronteras. (msfcompostela.cnt@gmail.com)

Piquete da CNT informa das práticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

  • O piquete informou sobre as práticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras
  • A Sección Sindical da CNT en MSF apela ao diálogo mais a ONG continúa a negarse

piquiete cnt en msf

Este martes 22 de marzo un piquete da CNT concentrouse perante a sede de Médicos Sin Fronteras na composteana rúa do Vilar. O piquete informou aos viciños e viciñas compostelanas da discriminación sufrida por parte dunha traballadora de Médicos Sin Fronteras por razóns de nacionalidade.

O sindicato CNT informou que «a traballadora ven de denunciar a empresa por vulneración de dereitos fundamentais visto que foi discriminada por ser estranxeira ao non facilitar a conversión do seu contrato a indefinido como o resto de compañeiras e compañeiros».

Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

  • Captadora de socios demanda a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais
  • Denuncia discriminación e fraude de lei na contratación
  • A empresa discrimina traballadora por razón de nacionalidade
  • Este tipo de condutas discriminatorias poderían implicar multas de até 187.515 euros.

MSF discrimina

Unha traballadora filiada ao sindicato CNT veñen de demandar a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais.

A captadora de socios da ONG foi vítima da discriminación por parte da empresa por razóns de nacionalidade ao non facilitar a conversión do seu contrato temporal (en fraude) a indefinido.

Segundo fontes do sindicato CNT «a traballadora leva prestando servizos como captadora de socios en Médicos Sin Fronteras desde hai dous anos e foi inicialmente contratada de forma temporal en fraude de lei, visto que os seus servizos obedecen a necesidades constantes da empresa».

Primeiros acordos con Médicos Sin Fronteras

Con data de 31 de Agosto de 2015, a nosa compañeira e delegada da sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras veu reducida, de forma unilateral por parte da Organización, a súa xornada laboral e o seu salario nun 20%. Pouco despois, presentábase a impugnación desta reducción, demandando a restitución das condicións anteriores.

Esta semana, antes de entrar ao xuízo, chegouse a un acordo coa Organización polo cal a nosa compañeira recupera as súas condicións laborais.

Continúan as sancións en Médicos Sin Fronteras

As traballadoras e os traballadores de Médicos Sin Fronteras continúan a ser obxecto de sancións disciplinarias por non acadar os resultados esixidos pola Organización. Estas sancións derivan da aplicación cláusula sétima do anexo dos contratos, no que se estipula que de non acadar 6 socios á semana o traballador/a recibirá unha sanción, reservándose a Organización o dereito a un despedimento disciplinario da traballadora ou traballador no caso de ser amonestada/o varias veces.

A CNT interpón conflito colectivo contra Médicos Sin Fronteras

A sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras ven de interpoñer conflito colectivo contra a empresa solicitando a nulidade da cláusula  sétima unida a todos os contratos de  traballo referidos á categoría de capatadores/as no centro  de traballo da ONG Médicos Sin Fronteras de Santiago de Compostela.

A ONG Médicos Sin Fronteras ven incluíndo de xeito unilateral e xeneralizado en cada contrato de traballo suscrito polo personal con categoría de capatador , unha cláusula de obxectivos mínimos, en virtude da cal o/a traballador/a firmante queda obrigado ao cumprimento duns obxectivos mínimos, que, no caso de non ser acadados en tres meses consecutivos, poden supor o despedimento do/a traballador/a.

A CNT constitúe sección sindical en Médicos Sin Fronteras

A CNT ven de constituír a súa sección sindical no centro de traballo de Médicos Sin Fronteras en Compostela. Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do centroo, a través da que canalizar as demandas e reivindicacións. Estamos convencidos de que a estructura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademais de ser verdadeiramente horizontal. Todas e todos os afiliados teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías. Animamos dende xa ao resto de traballadoras e traballadores de Médicos Sin Fronteras a achegarse á sección, participar dela e avanzar connosco cara unhas mellores condicións laborais.