Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras

Seccion sindical da C.N.T. Médicos Sin Fronteras. (msfcompostela.cnt@gmail.com)

CNT recibe a Médicos Sin Fronteras nos Xulgados cunha nova concentración

 

O pasado 26 de outubro a CNT volveuse a concentrar ás portas dos Xulgados do Social de Compostela para esixir a Médicos Sin Fronteras a readmisión do noso compañeiro despedido en A Coruña.

O noso compañeiro levaba traballando para a ONG dende o ano 2014 en captación de fondos a pé de rúa e o pasado mes de abril decidiu unirse á Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras para loitar polos seus dereitos como traballador e denunciar as políticas laborais escravizantes, discriminatorias e de represión da susodita organización. Esta situación non gustou a Médicos Sin Fronteras, que decidiu despedilo dous meses despois con motivos que non se sostían entón e non se sostiveron no xuízo, no que todas as testemuñas se contradiciron e mesmo deixaron patente a súa parcialidade con frases coma "eu quero que este xuízo saia a favor de Médicos Sin Fronteras".

Durante a concentración, malia a temprana hora do xuízo, repartíronse centos de cuartillas explicando como Médicos Sin Fronteras explota, acosa e despide a aqueles que se unen para loitar con máis forza.

Nova concentración da CNT contra Médicos Sin Fronteras en Compostela

  • Médicos Sin Fronteras despediu a cinco persoas, todas afiliadas deste sindicato o pasado xoves.
  • Continuan as medidas de represión sindical na devandita oenegué.
  • Fontes sindicais indican que ninguna acción atentatoria contra os dereitos da clase traballadora ficará sen resposta.

 

A CNT volveu a concentrarse nas rúas compostelanas contra a situación de abuso laboral e de precariedade á que é sometido o plantel de captación de fondos da organización. Desta volta, informamos á cidadanía dunha nova mostra de represión sindical tralo despedimento de cinco afiliadas á CNT o pasado xoves 13 de outubro.

A Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras leva máis dun ano loitando contra unha cláusula de productividade abusiva, esperando por un xuízo que MSF se esforza en adiar unha e outra vez porque sabe que o ten perdido. Ademáis, dúas das persoas despedidas demandaron a Médicos Sin Fronteras por discriminación por motivo de nacionalidade, logrando que a ONG fose condenada por este motivo fai escasos meses.

Máis se cabe, a acción sindical das nosas compañeiras e compañeiros foi sempre unha pedra no zapato das responsables da organización, que acumula máis de cincuenta demandas nos xulgados.

Médicos Sin Fronteras despide cinco traballadores e sofre novo piquete

  • Médicos Sin Fronteras despide a práctica totalidade da sección sindical de CNT
  • A ONG continúa na súa campaña de vulneración de dereitos contra sindicalismo
  • O sindicato CNT concéntrase en resposta á continua represión sindical de MSF contra o personal que revindica os seus dereitos
  • Exixen a inmediata readmisión dos e das sindicalistas despedidos

MSF despide sección sindical da CNT

A CNT concentrouse hoxe ás portas da delegación de Médicos Sin Fronteras en Compostela para dar unha resposta inmediata ao despedimento no día de onte de 5 persoas traballadoras da captación de fondos en Compostela afiliadas á CNT.

Segundo a sección sindical da CNT, a multinacional humanitaria convocou onte, día 13 de outubro, a sección da CNT ao finalizar á súa xornada laboral «para executar o despedimento das traballadoras e traballadores anarcosindicalistas «nun claro acto de represión sindical co pretexto de razóns produtivas».

Responsables de Recursos Humanos de Médicos Sin Fronteras desprazáronse desde Barcelona para exercutar os despedimentos, coa súa Coordenadora de Recursos Humanos á cabeza, Gemma Ramos Juy, aínda que o sindicato tamén asinala como responsables da campaña represiva a Anna Pineda Minguez (directora de Márketing e Captación de Fondos), Juan Ramon Atxa (Responsable de Campañas Fundraising), Carmen Moraño Vigara (Resposable de Administración de personas), Ulises Mena Calderon (Coordenador Face to Face) e, en última instancia, Carlos Bustamante Muñoz (Coordenador Face to Face na Galiza).

Médicos Sin Fronteras recúa entre ziguezagues

  • MSF recúa e rectifica a súa actitude discrimatoria
  • A ONG continúa nas súas prácticas intimidatorias a quen exixe os seus dereitos
  • A Sección Sindical da CNT anuncia máis accións sindicais

MSF discrimina

A seguir reproduzimos o comunicado da Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras:

No medio da conflictividade creada a partir da demanda por discriminación presentada pola CNT contra Médicos Sin Fronteras no pasado mes de marzo, as nosas afiliadas solicitaron á ONG que se lles modificase o seu permiso de residencia, xa que cumprían os requisitos legais, e o novo permiso de residencia lles favorecería na súa vida persoal e académica.

Médicos Sin Fronteras, nun primeiro momento, nin se negou nin se comprometeu a nada: únicamente silencio e vacío, coma se a petición xamáis existise, a pesar dos múltiples correos enviados. O que aconteceu despois aínda é historia recente: Médicos Sin Fronteras converteuse nunha ONG condenada por discriminación por razón de nacionalidade e tivo que converter os contratos da nosa compañeira e o noso compañeiro en indefinidos. Nese intre comeza un novo calvario para as persoas demandantes.

Piquete da CNT ao presidente de MSF

  • Outra concentración máis en Compostela contra as políticas laborais da ONG Médicos Sin Fronteras.
  • O conflito colectivo e o readmisión dun compañeiro entre as revindicacións de CNT

concentracion contra MSF en Compostela

Desta vez, a CNT concentrouse na compostelana rúa do Preguntoiro, onde se levou a cabo un acto da ONG coa presencia do seu presidente José Antonio Bastos, que remata mandato, e do novo cargo e cabeza da xunta directiva de Médicos Sin Fronteras David Noguera.

Novas demandas por discriminación contra Médicos Sin Fronteras

  • O compañeiros estranxeiros que veñen de obter sentenza que condenaba a MSF por discriminación, levarán de novo a xuizo á ONG por impedir a renovación do seu permiso de residencia
  • Médicos Sin Fronteras continúa as represalias contra os traballadores/as que protestan

MSF discrimina

O compañeiro e compañeira estranxeiros xa presentaran demanda pola discriminación por razón de nacionalidade que sufrian en Médicos Sin Fronteras. O mes pasado, a xustiza condenou a MSF por discriminación e obrigou á ONG a tratar ao compañeiro e compañeira estranxeiros como ao resto dos traballadores/as de captación de persoas socias, polo que os seus contratos de traballo foron cambiados por MSF a indefinidos como se indicaba na sentenza do xulgado.

Nembargante, MSF continúa na súa actitude discriminatoria ao dilatar intencionadamente os trámites administrativos de este compañeiro e compañeira a fin de impedir a renovación do seu permiso de residencia, o que constitúe un serio agravante da súa situación profesional e persoal. Isto levará novamente aos xulgados a Médicos Sin Fronteras tras a presentación das correspondentes demandas por seren discriminados de novo estes dous traballadores de CNT.

Piquete na oficina de MSF en protesta polo despido dun traballador

A CNT concentrouse este mércores na oficina de Médicos Sin Fronteras en Compostela para reivindicar de novo a readmision do afiliado traballador da captación de MSF pertenece ao equipo da Coruña. O traballadorprotesta contra msf en compostela foi despedido disciplinariamente o mes pasado tras ser acusado pola ONG de "crear mal ambiente de traballo" o que a todas luces encubre un acto de represión sindical por parte de Médicos Sin Fronteras.

O piquete desenvolveuse durante máis dunha hora co habitual reparto de centos de panfletos ao tempo que se informaba polo megáfono das lamentables prácticas laborais na ONG Médicos Sin Fronteras, centrándose nesta volta, no despido do compañeiro pero sen esquecer nin as recentes condenas xudiciais a MSF por discriminación a un compañeiro e unha compañeira estranxeiros e por modificación substancial das condicións de traballo do persoal de captación nin o conflicto colectivo e o medio cento de denuncias que MSF que se acumulan nos xulgados pola abusiva claúsula de rendemento que sofren os traballadores e traballadoras da ONG.

UGT e CIG cómplices de MSF

Desde a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras denunciamos públicamente a complicidade que manteñen as dúas delegadas e o delegado de persoal, pertencentes aos sindicatos CIG e UGT, coas políticas laborais abusivas e precarias da empresa.

O apoio incondicional das e do respresentante do persoal de CIG e UGT xa non é nin disimulado. Na última acta enviada ao plantel explican como MSF non foi condenada por discriminación así como que a xuíza desestimou calquera indemnización por danos morais, mantendo así a versión “oficial” da empresa, como expresan na acta da reunión de delegados/as de persoal do pasado 23 de xuño:

"tratando la sentencia judicial de discriminación por nacionalidad que fue admitida parcialmente por el juez, por lo cual MSF debe cambiar los contratos de nuestros compañeros a indefinidos. El juez no apreció ninguna discriminación por causa de nacionalidad ni la necesidad de una indemnización por daños morales."

Desde a Sección Sindical da CNT recordamos que MSF foi condenada por discriminación ao vulnerar o Artigo 14 da Constitución. Textualmente a sentenza indica:

Se estima la demanda interpuesta por doña XXX  y don XXX y en consecuencia, declaro que ha sido vulnerado su derecho fundamental (artículo 14 Constitución), debiendo cesar la conducta de la demandada MSF de negar a los actores, en tanto que extranjeros con autorización de estancia de estudios, la conversión del contrato en indefinido

CNT visita a exposición de MSF na Coruña

  • Sorpresa pola protesta entre a cidadanía coruñesa
  • Seguirán as accións pola readmisión do compañeiro despedido e contra as políticas laborais de Médicos Sin Fronteras

protesta contra msf en a coruña

Este venres a CNT acudiu aos céntricos Cantóns de  Coruña para protestar diante da sede de Afundación onde a ONG Médicos Sin Fronteras ten unha exposición. O piquete desenvolveuse durante boa parte da tarde repartindo centos de octavillas informativas e informando megáfono en man, ante a sorpresa da cidadania, das abusivas condicións laborais en MSF.

O discurso fíxo especial énfase no recente despedimento do noso compañeiro captador do equipo de MSF en Coruña. Tamén se recordaron as recentes sentenzas que condenan á ONG por discriminación de dous traballadores estranxeiros e por modificación sustancial das condicións de traballo do persoal de captación. Así como o conflicto colectivo presentado por CNT contra a abusiva claúsula de rendemento e as múltiples denuncias pendentes de xuizo que MSF acumula polas sancións disciplinarias aos nosos compañeiros e compañeiros.

Médicos Sin Fronteras recibe a visita de CNT

  • Enésimo piquete na porta da delegación de MSF en Compostela
  • CNT reuniuse cos traballadores/as da ONG para explicar a situación actual tras os últimos acontecementos
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras varios conflitos laborais sen seren resoltos

piquete en MSF

Este luns 21 xuño tivo lugar outro piquete informativo na céntrica oficina da ONG Médicos Sin Fronteras en Compostela. Centos de panfletos informativos foron repartidos pola ateigada rua do Vilar namentres se daba a coñecer públicamente megáfono en man a incesante problemática laboral en MSF. Durante a hora que durou o piquete escoitaronse tamén berros de: "MSF discrimina", "MSF explota e despide", "despedido readmisión" ou "MSF paga o que debes" que resumen a actual situación en Médicos Sin Fronteras.

Rematado o acto de protesta, e tras finalizar a súa xornada laboral, o plantel de captación de MSF tivo oportunidade de escoitar as explicacións da CNT e solucionar as súas dúbidas na sala habilitada a tal efecto na oficina de MSF. Eis un resumo do falado: