Prensa obreira

Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES) A Guarda

Sección Sindical CNT Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello A Guarda. (gesaguarda.cnt@gmail.com)

Solidariedade coa familia, amizades e compañeir@s do bombeiro falecido D. Jorge Fariña Barral

Desde a Sección Sindical da CNT do GES de A Guarda, queremos manifestar o noso pesar e condolencias pola morte de D. Jorge Fariña Barral, o pasado 18 de xaneiro de 2016 na academia de seguridade pública (AGASP) mentres executaba as probas para a obtención da cualificación profesional de Bombeiros que se estaban a celebrar nesta academia. Que a terra che sexa leve compañeiro.

Os GES interpoñen conflito colectivo no Concello da Guarda

Logo GESA sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello da Guarda ven de interpoñer conflito colectivo contra o Concello no que se reclama o recoñecemento como persoal laboral fixo nos seus contratos.
Os GES constituíronse en 2013 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello da Guarda como persoal laboral.

Os GES mobilízanse ante o pleno municipal de A Guarda

Protesta dos GES ante o pleno municipal do Concello da GuardaA Sección de CNT no Grupo de Emerxencias Supramuncipal (GES) do Concello da Guarda protestou na tarde deste venres 27 de novembro ás portas do Concello da Guarda coincidindo coa convocatoria do pleno municipal. A concentración baixo o lema "GES SOLUCIÓN!" desenvolveuse sen incidentes e permitiu visibilizar as revindicacións destos traballadores/as ante a veciñanza e os/as responsables políticos do Concello da Guarda.

A Sección da CNT reclama que o Concello cumpra coas súas obrigas no que refire a dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do GES: cumprir a Lei, estatutos e convenios dos traballadores/as ou mocións aprobadas polo Concello, facilitar os EPIs para realizar o seu labor de intervención en emerxencias (comunicación, luvas anticorte, arneses de seguridade, máscaras, etc), axeitar a súa actual categoría laboral á que realmente se merecen e na que teñen que estar encadrados os traballadores/as, dotar de material e instalacións axeitadas para o seu día a día e, entre outras moitas cousas, non telos na precaria situación actual.

Precariedade no GES de A Guarda

Logo GESA sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Concello de A Guarda ven de presentar un novo informe no Concello sobre as múltiples carencias respecto de medios e material de seguridade necesario para desenvolver o seu labor.

Estas deficiencias de medios e material básico de prevención e seguridade veñen sendo comunicadas polos traballadores/as do GES ao Concello de A Guarda ao longo dos últimos anos, facendo os responsables do Concello caso omiso ás peticións dos seus traballadores/as, da propia normativa ao respecto, do convenio marco coa Xunta e das propias resolucións do Concello de A Guarda .

A CNT constitúe sección sindical no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Guarda

Logo GESA CNT ven de constituír a súa Sección sindical no Grupo de Emerxencias SupraMunicipal (G.E.S.) do Concello de A Guarda (Pontevedra). Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do centro, a través da que canalizar as demandas e reivindicacións. Estamos convencidos de que a estrutura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademais de ser verdadeiramente horizontal. Todas e todos os afiliados teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías. Animamos desde xa ao resto de traballadoras e traballadores tanto dos GES como do propio Concello de A Guarda a achegarse á sección, participar dela e avanzar connosco cara unhas mellores condicións laborais e materiais que repercutan tamén nunha millor atención á cidadanía.