Prensa obreira

Galiza

Piquete da CNT en Táboa Confixest

A asesoría rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez mantén un conflito co sindicato CNT pola débeda contraída cunha filiada.

piquete em Táboa Confixest

No pasado xoves, 18 de febreiro, un piquete da CNT concentrouse ante a Asesoría Táboa Confixest, con sede na céntrica rúa compostelana do Hórreo.

Durante o piquete, os veciños e veciñas compostelanas foron informadas das prácticas explotadoras dos empresarios, que se negan a pagar a débeda reclamada «relativa ás diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Alén diso, segundo a organización anarcosindicalista, a empresa obrigaba á traballadora e realizar horas extra «acumulando unha débeda de 3000 euros».

Como xa avisou o sindicato recentemente, este é o inicio das accións sindicais contra a empresa denunciada e continuarán «até que os empresarios salden a súa débeda coa compañeira».

A CNT inicia conflito coa Asesoría Táboa Confixest SL

  • O sindicato CNT denuncia Táboa Confixest por débedas contraídas cunha traballadora
  • A asesoría non aplicaba o convenio correspondente e obrigaba a realizar horas extra sen compensación

A CNT ven de iniciar conflito coa Asesoría Táboa Confixest S.L. localizada na compostelana rua do Hórreo.

O conflito iníciase pola débeda que mantén a asesoria rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez cunha traballadora filiada á CNT. Segundo afirma o sindicato, a débeda orixínase «fundamentalmente das diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Con todo, o sindicato CNT salienta que aparte da reclamación de diferenzas de convenio, reclámanse «as horas extras que a empresa obrigaba a realizar á traballadora, polo cal estes explotadores acumulan unha débeda de máis de 3000 euros á nosa compañeira».

A dia de hoxe estes empresarios xa foron denunciados pola organización anarcosindicalista e adianta que «pronto comezarán a levar a cabo as accións oportunas» para conseguir os pagamentos pendentes.

Concentración en Ferrol pola retirada dos cargos aos titiriteiros

O sábado 13 de febreiro celebrouse na praza de Armas de Ferrol unha concentración pola retirada dos cargos aos titiriteiros acusados de enaltecemento do terrorismo.

Crónica da concentração pola liberdade dos titeriteiros

Liberdade sem cargos

Por volta de meio milhar de pessoas concentraram-se na passada quarta-feira, 10 de fevereiro, na praça do Pão em solidariedade com os titeriteiros detidos em Madrid.

Segundo a CNT, as pessoas detidas foram encarceradas por exercer o direito à liberdade de expressão artística, com a colaboração covarde do governo municipal de Madrid que, num exercício de equilibrismo impossível, tentou agradar a todo o mundo.

Concentración pola liberdade dos titeriteiros

10/02/2016 20:00

liberdade titeriteiros

Un novo proceso xudicial que deriva nun auto de prisión por motivos políticos ou de opinión, é iso ante o que nos atopamos e polo que nos manifestamos hoxe. A CNT quere convidar a todas as persoas que defenden a liberdade de expresión e de opinión a que amosen a súas solidariedade coas persoas detidas e nos acompañen na concentración que se levará a cabo o vindeiro mércores, dia 10, ás 20h na praza do Pan

A CNT Compostela quere manifestar todo o apoio e soliedariedade cos membros da compañía «Títeres desde abajo» na celebración do espectáculo de monicreques “La bruja y Don Cristobal”, pola súa detención baixo a acusación de “enaltecemento do terrorismo” en Madrid o pasado 5 de febreiro, nun dos casos máis vergoñentos dos últimos anos no que se refire á violación da liberdade de expresión.

De ouro para uns, baleiras outras.

O SOV de Ferrol inicia conflito coa empresa “La Mesa de Oro”, que publicita por internet menús de restaurantes galegos.

Perante a detención dos dous integrantes de 'Títeres desde Abajo'

titeres desde abajo

O venres 5 de febreiro dous integrantes da compañía 'Títeres desde Abajo' foron detidos no transcurso da súa última obra, «A Bruxa e Don Cristóbal», baixo a acusación de enaltecimento do terrorismo. Na actuación do 5 de febreiro en Madrid parte do público asistente sentiuse molesta coa obra, e lonxe de limitarse a unha cuestión estética ou de criterios, chamaron á policía que acudiu e procedeu a deter aos integrantes de 'Títeres desde Abajo', que tiveron que interromper a obra pola acción dos descontentos. Inmediatamente dispáranse as alarmas do poder: non só eran artistas críticos, tamén eran anarquistas.

Nun auto xudicial que podía pasar aos anais do despropósito legal, a Audiencia Nacional decide encarcelar as persoas detidas «por enaltecimento do terrorismo». O partido da señora Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid, non tarda en anunciar aos medios sen saber moi ben que é o que pasa que «tomará medidas legais» contra os artistas que representan unha obra que recoñecen non ter visto. Nun acto de hipocresía monumental, ao pouco tempo publican un comunicado no que tachan de «irresponsables» aos dous titiriteiros que van camiño do cárcere tras pasar polos xulgados da Audiencia Nacional e no que anuncian que se manteñen na súa denuncia caso teñan cometido actos «ofensivos ou lesivos para a sensibilidade» mais, iso si, esperan que se manteñan as súas «garantías xurídicas». Unha tentativa vergoñenta de nadar e gardar a roupa perante un feito represivo que, sábeno perfectamente (leron o auto), non respectou as máis mínimas garantías xurídicas e colaborar de forma consciente e directa na articulación da enésima montaxe policial contra os movementos sociais. Nin unha palabra pedindo a liberación dos detidos.

O Concello da Guarda rexeita as peticións dos GES

Logo GESO pasado dia 4 de febreiro a Sección sindical de CNT no Concello da Guarda reuniuse cos máximos representantes do Concello para tratar as distintas problemáticas que teñen os compañeiros e compañeiras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede no Concello.

A reunión transcorreu entorno á principal reclamación dos GES:  a falta de material de seguridade e prevención para o correcto funcionamento do servizo en atención á variada tipoloxía de incidencias que se presentan diariamente no seu traballo.

Estación de Servizo Coirós: Low cost igual a fraude e explotación.

O pasado venres 29 de xaneiro, integrantes do sindicato de oficios varios da CNT de Ferrol concentrámonos á entrada da E.S. Coirós para denunciar os abusos alí cometidos contra unha compañeira, despedida por pretender cumprir o horario de traballo polo que estaba contratada.

ES Coirós

Os GES esixen medios e materiais ao Concello da Guarda

Logo GESA Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda alerta unha vez máis da falta de medios e material en materia de seguridade e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.

O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas” como declara un dos bombeiros guardeses.