cnt cnt

Galiza

Non a privatizacion da sanidade

Pontevedra. 17 Febreiro, 2010 - 05:42

Conferencia de Antonio Gomez Liebana e Nines Maestro da Coordinadora Antirivatización da Sanidade Publica de Madrid.

Venres 19 Febreiro 2010


Novidades no Ateneu Virtual

Compostela. 13 Febreiro, 2010 - 14:12

As novidades son reedicións de folletos clásicos editados polo Ateneu Libertario Ricardo Mella da Coruña. Os títulos son os seguintes:


Dúas entrevistas na rede. A CNT en marcha na Galiza.

Betanzos. 13 Febreiro, 2010 - 13:37

 

files/reganosa.jpg


Celebrado o xuízo do compañeiro Brais

Compostela. 9 Febreiro, 2010 - 15:17

 O primeiro de todo agradecer aos solidários e solidárias, que se concentraron hoxe, diante dos Xulgados de Fontiñas en Compostela en número de vinte e tal, entre compañeiros e compañeiras da CNT e outros colectivos, para alén de persoas que mostraron a sua solidariedade e o seu cariño ao compañeiro Brais en un dia muito especial para el, pois era o dia en que se tiña que ver frente a frente coa “xustiza”. Temos que agradecer especialmente aos sindicatos de ensino CIG e STEG, que con seus representantes estiveron no xuízo para o que fora menester.


Concentración e xuízo de Brais o 9 Feb às 10 h en Fontiñas

Compostela. 8 Febreiro, 2010 - 17:31

Concentraremo-nos en solidariedade con Brais o 9 de Febreiro ( Martes-Terça Feira) às 10 h nos Xulgados de Fontiñas, con ocasión do xuízo contencioso-administrativo que se vai celebrar a continuación ao noso compañeiro, despedido desde o 26 de Febreiro do 2009, ao aplicar-se-lle a Addenda 11/07/06 firmada polos Sindicatos CC.OO.,CSIF e ANPE, minoritários no sector de Ensino Público.


A solidariedade con Brais en marcha !!

Compostela. 4 Febreiro, 2010 - 18:20

Concentración ás portas de San CaetanoChegamos às 12 en ponto como é menester e apesar da chuvia, e contando coa presenza de algo máis de unha dúcia de compañeiros e compañeiras, iniciarmos o acto. Como sempre desdobramento de faixa, panfletos, megafone e como non!, carriñas de policia, unha estática e outra dinámica (ao redor de nós).

Desta volta estaban muito mais preocupados que de costume, pois pasaron a identificar-nos a todos e cada un das concentradas, non sabemos se é porque o noso programa era apertado, pois tiñamos previsto facermos a concentración à porta da sede central da Xunta, facermos entrega dos centos de sinaturas recollidas e despois entrarmos na edifício, e iso foi o máis pavero, pois fomos escoltados adiante, no meio e atrás por toda a policia, até chegarmos ao Salón de Graus.


A Solidariedade.

Betanzos. 1 Febreiro, 2010 - 22:06


Os bombeiros tamén reciben paus.

admin. 1 Febreiro, 2010 - 15:54
instante da mani dos bombeirosA manifestación dos bombeiros e servizos de emerxencia terminou hoxe na Coruña con cinco feridos polas cargas policiáis. Na protesta convocada en contra da privatización dos servicios públicos, contou coa Sección Sindical da CNT.

E mentras os bombeiros teñen que andar nas rúas o que os políticos desfán nos despachos, un Sr. moi democrático e que ten a ben dirixir a Deputación de A Coruña di "Lamento que los sindicatos amparen una reivindicación injusta y expresada de forma violenta", frase que sen dubida queda moi bonita e moi digna nun dirixente do PSOE..... e logo virán as eleccións e este mesmo Sr. nos dirá que ........


Hijos del pueblo… A las barricadas! A recuperación de dous hinos históricos

Compostela. 27 Xaneiro, 2010 - 20:28

Se falamos da história do anarco-sindicalismo ibérico non podemos deixar de pór en valor os símbolos que o representaron durante estes cen anos que agora cumpre a CNT.»


60.000 persoas saen à rua contra o decreto sobre o galego no ensino

Compostela. 22 Xaneiro, 2010 - 19:58

 

cnt galego

Sesenta mil persoas sairon onte à rua para protestar contra o decreto polo que a Xunta de Feijoo pretende desterrar o galego do ensino e imposibilitar a educación nunha língua veicular própria do pobo. Nunha existosa xornada de folga, cun seguimento case total (en torno ao 90% do profesorado secundou o paro). A mobilización decorreu desde a Alameda até a praza do Obradoiro, na que foi a cuarta multitudinária marcha en defensa da língua galega desde que o PP ocupa San Caetano.


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo