cnt cnt

Galiza


Número 7 de Solidariedade Obreira

Compostela. 17 Abril, 2010 - 11:30

soli

 

Xa está na rua o número 7 de Solidariedade Obreira, órgao da CNT galaica.

Desta volta tratan-se temas como a reforma das pensións, o proceso contra o compañeiro Brais por ter reclamado o seu direito a impartir aulas en galego e denunciar a presenza policial nos liceos, ou a subcontratación na administración pública.


Alternativa da CNT ao Sector Forestal

Betanzos. 9 Abril, 2010 - 17:08
O Sábado 17 de Abril contaremos coa presenza de varios compañeiros da CNT Forestal.
Os temas a tratar serán:

San Precario 2010 no Siega

Siega. 30 Marzo, 2010 - 10:35

imaxe de san precarioUnha volta máis, e xa van 4 anos, desde a sección sindical de CNT no Siega queremos "celebrar" o dia do patrón da precariedade laboral repasando os acontecementos deste último ano neste departamento informático da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.


Proxección do documental "Vivir la utopía"

Pontevedra. 26 Marzo, 2010 - 12:50

 

 


Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27 en Ferrol

Ferrol. 26 Marzo, 2010 - 12:49

Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de marzo. E vaino facer para amosar a súa indignación polos continuos atropelos que padece a clase traballadora nesta bisbarra.


Charla : A crise , o gran engano, por Jose Manuel Garcia Sanz, o 26 de Marzo na Coruña

Coruña. 18 Marzo, 2010 - 23:58
26/03/2010 20:00

O venres 26 de marzo, ás 20 h., o compañeiro José Manuel García Sanz, de Candás, falará no local da CNT da Coruña sobre os enganos e as mentiras da crise.


A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos

Compostela. 17 Marzo, 2010 - 20:35

A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.



Amadeu Casellas sae da prisión

Compostela. 10 Marzo, 2010 - 10:26

O preso Amadeu Casellas saíu onte da prisión, despois de vinte e catro anos encarcelado. O director do centro penal de Xirona unificou os expedientes do antigo código penal e do novo e, unha vez feito os cómputos das penas, concluíu que Casellas cumpriu oito anos de pena que non lle correspondían.


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo