cnt cnt

Galiza

Hai que sair á rua  .... cando as barbas do teu viciño vexas pelar….

Compostela. 13 Maio, 2010 - 12:55

Desde hai tempo viña-se denunciando en CNT a situación de expólio nos nosos direitos que esábamos a sofrir a clase traballadora e agora, polo momento, hai unha volta de porca máis con dez medidas anunciada polo goberno de ZP, que como é moi guiado, quere cumprir ao pé da letra o que lle manda o FMI e  as grandes corporacións. Ataca-se en primeiro lugar polo lado máis doado : o sector público, e temos que dicir empregados públicos e non funcionários porque o que se está a falar nesta altura é de “persoal do sector público”  no que estarían afectad@s todo o persoal das administracións sexan ou non funcionárias, agás as persoas que están nas subcontratas que cada vez son máis. Esta medida, unida á da conxelación na oferta de prazas, levará a unha externalización maior dos servizos, ou sexa que na prática levará a unha privatización maior do público como temos no caso da sanidade (hospital deVigo e a comunidade de Madrid).


Proxección do documental Lucio

Pontevedra. 12 Maio, 2010 - 12:29
12/05/2010 11:24

cartaz do documental sobre lucio

 



Debate radiofónico entre sindicatos CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG e UXT.

Ferrol. 4 Maio, 2010 - 20:33

O pasado xoves 29 de abril de 2010, as 20:00 h. tivo lugar en Rádio Filispim, 93.9 FM un PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.



Vigo: 1ºMaio, loita obreira

Galiza. 2 Maio, 2010 - 12:39

 

Mais de 200 traballador@s  marcharon tras da pancarta da CNT este Primeiro de Maio sobre as ruas de Vigo.

De novo a Rexional Galaica  da CNT decidiu xuntarse nunha manifestación onde compañeir@s de todolos sindicatos puideron por en comun o traballo do ano, compartir experiencias sindicais e preparar os 365 dias que nos separan do proximo día da clase obreira.

A manifestación discurriu dende a rua Gran Vía, onde a manifestación de UGT e CCOO tivo que  aturar  os berros de  "Liberado Sindical, Parasito Social" (algúns torcían o xesto, outros asentian dando a razón o noso enfado), pero despois dun ano de aturar liberados vendeobreiros, delegados pasotas, comites de empresa (non de traballador@s) e en pouco tempo unha nova reforma laboral, ¿alguén con un pouco de dignidade non berraría o mesmo?.


Autobus a manifestacion de Vigo e charla en Ferrol

Ferrol. 28 Abril, 2010 - 19:01
A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na manifestación do 1º
de maio de que organizáción galega da CNT convoca de xeito unitario na



Concentración na Xunta pola readmisión de Brais

Compostela. 22 Abril, 2010 - 15:36

concentracion na xunta por BraisHoxe às 12 da mañán contentramo-nos perante a Consellaria de Educación da Xunta de Galicia (San Caetano) para reclamar a reincorporación nas listas de interinos e substitutos de matemática do compañeiro Brais, pois apesar de que a Xunta foi condenada por sentenza xudicial á reincorporar nas listas ao compañeiro isto non se produciu. A Xunta recurriu a sentenza e agora está a apresentar unha impugnación ao noso recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo