8M: folga xeral feminista

Galiza

CNT organiza a presentación do libro colectivo "Se vende sanidad pública"

 

 

  • CNT organiza a presentación do libro "Se vende sanidad pública" en tres núcleos galegos, Allariz, Ourense e Santiago de Compostela.
  • Juan Antonio Gómez Liébana, coordinador da obra colectiva, é tamén membro da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade, fundada en 2004 para axuntar esforzos e loitar por un sistema sanitario de calidade.

Todo o que deberías saber sobre a privatización pero ninguén te quere contar.

Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto, e mesmo chegaron a percibir incentivos de 40.000 euros anuais. As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns, lembra Carlos Taibo no prólogo desta obra.

 

Desde dentro do lume

CNT denuncia a irresponsabilidade da Xunta en política forestal e contraincendios

A CNT desexa mostrar o seu agradecemento a tódalas persoas que traballaron na extinción dos lumes forestais que asolaron Galiza nestes últimos tempos. O sindicato considera, e así o denunciou públicamente, que a irresponsabilidade forestal e de extición de incendios é a culpable das miles de hectáreas calcinadas, do dano patrimonial contra a biodiversidade da nosa terra e da perda de vidas humanas.

Nesta publicación reproducimos dúas análises achegadas por persoas que traballan no sector das emerxencias.

O colexio Santa Apolonia, novamente condenado a pagar

 

Colexio Santa Apolonia

 

  • Os xulgados volven a poñer en evidencia as prácticas caciques do colexio compostelano Santa Apolonia.

 O colexio privado Santa Apolonia, coñecido pola pomposidade das súas instalacións e o seu prezo, terá que desembolsar unha cantidade próxima aos 60.000 euros reclamados por un profesor ao que tiveron contratado con categoría de celador durante anos.

Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza

 

 

O vindeiro domingo día 22, acudiremos á manifestación contra a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, a Lei de Depredación de Galiza, que terá lugar na Alameda de Compostela ás 12:00.

Dita lei, aprobada o pasado día 18, dá liberdade empresarial para o expolio de Galiza desregularizando ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc. Apoiamos e asumimos como noso o manifesto contra a Lei de Depredación de Galiza.

Terra viva e vida digna para todas!

A CNT denuncia a irresponsable política forestal e de extinción de incendios da Xunta.

lumes nunca mais

  • O sistema volve a colapsar ante unha emerxencia que se repite ano tras ano.
  • As institucións continúan a facer ouvidos xordos ante as reclamacións de persoal e medios dos planteis contraincendios.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, pide "un mínimo de sensibilidade e responsabilidade" aos incendiarios. Namentres, decláranse máis dun cento de novos focos en Galiza esta fin de semana. Despois de miles de hectáreas calcinadas e de ter que lamentar a perda de vidas humanas, os responsables directos botan balóns fóra e bótanlle a culpa a outros, incluído Portugal.

A CNT súmase as reivindicacións no Día Mundial da Saúde Mental

 

Día Mundial da Saúde Mental

Este 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, reivindícase a saúde mental no lugar de traballo. Baixo o lema “traballar sen máscaras, empregar sen barreiras” preténdese reverter os grandes obstáculos á hora de integrarse no mundo laboral das persoas con enfermidade mental, debido, en gran parte, aos prexuízos e estereotipos existentes.

Queremos defender o dereito de calquera persoa a acceder e manter un emprego que aporte unha dignidade, autonomía e calidade de vida; así como a necesidade de que os lugares de traballo sexan lugares saudábeis onde se coide a saúde mental.

XXV Jornadas Libertárias de Compostela

16/10/2017 19:00
19/10/2017 21:00

 

Chega uma nova edição das Jornadas Libertárias de Compostela, este ano com a participação de Patricia Janeiro, Carlos Taibo, X. Silveira e Iria Presa.

Todas as palestras decorrerão na Faculdade de Filosofia da USC às 19h, durante os dias 16-19 de outubro, e iremos aquecendo o outono com «A hotelaria mata», «Anarquismo e Revolução na Rússia», «Mercantilização turística do rural» e «O anarcossindicalismo de Manuel António».

O programa completo da 25 edição é o seguinte:

Concello de A Guarda condenado a pagar ao GES

Logo GES

O concello debe pagar os trienios e gastos de formación a un traballador do GES
CNT insta a solucionar "de oficio" aos compañeiros da Sección na mesma situación
Outro caso gañado polos GES ao Concello de A Guarda tras o recoñecemento do horario de verán
O pasado setembro, celebrouse nos edificios dos Xulgados do Social en Vigo o xuizo pola demanda por cantidades contra o Concello de A Guarda tras presentarse denuncia por parte dun traballador do GES afiliado a CNT ao que o concello adebedaba os trienios que lle corresponden e o abono das dietas derivadas da formación recibida por este traballador.
Desde fai meses, o traballador viña reiterando continuamente tanto en persoa como a través do rexistro do Concello de A Guarda, o cumprimento da Lei ao respecto do abono dos trienios e gastos de formación. Canso de intentar diálogo e non recibir resposta algunha, nin verbal nin escrita, procédese a interpor demanda por cantidades contra o Concello de A Guarda. Finalmente, obtivose sentencia favorable recoñecendo os dereitos demandados e condenando ao Concello de A Guarda a abonar as cantidades ao traballador do GES.
Desde CNT ínstase aos responsables do Concello a cumprir co pago ao traballador "de inmediato" e a "solucionar de oficio" as débedas polos mesmos motivos que aínda mantén con outros traballadores da Sección sindical de CNT nos GES.
Este é outro caso de dereitos irrefutables gañados ao Concello de A Guarda por parte de CNT, que se une ás sentenzas xudiciais que ao longo deste ano veñen recoñecendo outros dereitos como a reducción da xornada laboral en horario de verán que o Concello de A Guarda se negaba a aplicar.
  • O concello debe pagar os trienios e gastos de formación a un traballador do GES
  • CNT insta a solucionar "de oficio" aos compañeiros da Sección na mesma situación
  • Outro caso gañado polos GES ao Concello de A Guarda tras o recoñecemento do horario de verán

O pasado setembro, celebrouse nos edificios dos Xulgados do Social en Vigo o xuizo pola demanda por cantidades contra o Concello de A Guarda tras presentarse denuncia por parte dun traballador do GES afiliado a CNT ao que o concello adebedaba os trienios que lle corresponden e o abono das dietas derivadas da formación recibida por este traballador.

Comunicado da Asemblea Xeral de CNT Galiza

As afiliadas e afiliados que asistimos á Asemblea Xeral da CNT de Galiza que hoxe sábado 30 de setembro celebramos en Compostela, queremos facer público o noso posicionamento sobre dous temas de actualidade, os acontecementos en Catalunya e a Lei depredación de Galiza.

3O: vaga general CatalunyaPor unha parte, reiterarnos a favor da autodeterminación do pobo catalán e sobre todo, do seu dereito a expresar os seus posicionamentos políticos e sociais da maneira que consideren, sen obstrucións nin represións por parte de ningún goberno. Apoiamos tamén a decisión da CNT de Catalunya de sumarse á convocatoria de folga para este próximo 3 de outubro porque compartimos plenamente os motivos que levan a expor este paro: a continua perda de dereitos para a clase obreira, unida á situación de inquietude que están a vivir as traballadoras e traballadores cataláns no desempeño das súas actividades laborais pola actuación dos diferentes corpos e órganos represivos do Estado.


#SinMiedo #HuelgaGeneral #ALasCalles #SensePor #VagaGeneral #AlsCarrers

 

Por outro lado, queremos expresar o noso rexeitamento á Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais -LFIIE coñecida como “Lei Depredación de Galiza” co que o goberno galego pretende dar liberdade empresarial para o expolio da nosa Terra desregularizando ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc.  Apoiamos e asumimos como noso o manifesto contra a Lei de Depredación de Galiza.
Terra viva e vida digna para todas!contra a Lei depredación de galiza

#LeiDepredacionGaliza

 

 

 

 

Solidariedade cos GES de Val Miñor

Logo GES

Os GES de A Guarda apoian a mobilización convocada para este luns ás 10:30h en Xabarís (Baiona)
CNT califica de "intolerable" as condicións do GES do Val Miñor
A Sección sindical da CNT dos GES no Concello de A Guarda mostra o seu apoio e solidariedade coas protestas pola penosa situación laboral dos compañeiros do GES do Val Miñor, que cobren as emerxencias nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, en quendas de 24 horas ao día, 365 días ao ano.
Solidarizámonos coas reiteradas peticións dos nosos compañeiros para que se solucione a súa precariedade laboral: salarios ínfimos, quendas de traballo que cobre en moitas ocasións un só bombeiro, penoso estado dos traxes de protección (EPI´s) e precariedade e inexistencia dos medios materiais e ferramentas,..  
Segundo CNT, estas condicións de precariedade “son incribles e intolerables” constituíndo un importante risco a maiores para a integridade física dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias nun traballo xa perigoso de por si, e non só pola súa propia seguridade, senón porque non dispoñer de certos medios nas intervencións pode supoñer non poder realizalas correctamente, o que se cualifica de “engano” aos veciños e veciñas dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar que están no ámbito de actuación dos GES do Val Miñor.
  • Os GES de A Guarda apoian a mobilización convocada para este luns ás 10:30h en Sabaríz (Baiona)
  • CNT califica de "intolerable" as condicións do GES do Val Miñor

A Sección sindical da CNT dos GES no Concello de A Guarda mostra o seu apoio e solidariedade coas protestas pola penosa situación laboral dos compañeiros do GES do Val Miñor, que cobren as emerxencias nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, en quendas de 24 horas ao día, 365 días ao ano.

Solidarizámonos coas reiteradas peticións dos nosos compañeiros para que se solucione a súa precariedade laboral: salarios ínfimos, quendas de traballo que cobre en moitas ocasións un só bombeiro, penoso estado dos traxes de protección (EPI´s) e precariedade e inexistencia dos medios materiais e ferramentas,..